Acceso ás guías docentes en galego
Acceso ás guías docentes en castelán
Tradución especializada xurídico-administrativa: Francés- Galego-Francés / Francés-Español-Francés
(Prof. Xoán Garrido Vilariño)
A persoa que traduce no ámbito administrativo e xurídico actúa dentro da ficción de que a súa elección de tradución é libre, aínda que lle conste que non hai ningún saber que careza por completo de relacións de poder. Estas organízanse en institucións políticas territoriais de tipo local, rexional, estatal e supraestatal que ditan normas para regular a convivencia entre a cidadanía. Así, as leis son concibidas e redactadas nunha única lingua en calquera das institucións mencionadas, pero o contexto plurilingüe das sociedades democráticas occidentais impón a ficción xurídica de que deban ser consideradas linguas orixinais todas as traducións que se pretendan incorporar aos ordenamentos xurídicos de cada organización territorial. Velaí a necesidade de sentirse libre da persoa que traduce para superar a coerción dos costumes, normas e protocolos que impón o poder e ser consciente de que non traduce, senón que paratraduce.