Acceso ás guías docentes en galego

 Acceso ás guías docentes en castelán

 

Tradución especializada xurídico-administrativa: Portugués-Galego-Portugués / Portugués-Español-Portugués

(Prof. Salvador Mourelo)

Os textos xurídicos e administrativos acostuman caracterizarse por unha linguaxe complexa, non só a nivel lexical ou sintáctico, senón tamén debido ao uso dunha retórica xurídica por veces empolada e escura.

Porén, na tradución deste tipo de textos, se cadra o maior desafío reside na falta de equivalencias entre os diferentes sistemas xurídicos, dado que os conceptos legais están ligados especificamente ao respectivo ordenamento xurídico e administrativo. Revélase, por tanto, fulcral o coñecemento previo dos ordenamentos xurídicos e administrativos de partida e de chegada para atopar solucións que permitan suprir esa falta de equivalencias.

Os diferentes tipos textuais e temáticas, mais tamén a función que debe desempeñar o texto traducido e a importancia do destinatario, son aspectos que tamén serán abordados nesta disciplina.

Por último, apresentaremos a figura do tradutor axuramentado, nomeadamente no ámbito español, así como o proceso de habilitación en España e as probas utilizadas.