Apertura das listas de interinidades e substitucións no corpo de PES

Apertura das listas de interinidades e substitucións no corpo de PES, especialidade de debuxo, ALEMÁN e organización e proxectos sistemas enerxéticos; no corpo de PTs de formación profesional, especialidade de cociña e pastelaría e soldadura.

Resolución do 21 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de debuxo (590009), alemán (590012) e organización e proxectos sistemas enerxéticos (590113); no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de cociña e pastelaría (591201) e soldadura (591228).

  • Prazo cinco días hábiles do 22 ao 28 de novembro incluídos

Ler máis

 

Related post

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Read more
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

Read more