AXUDAS DESTINADAS AO ALUMNO DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO

Convocadas as axudas destinadas ao alumnado do SUG que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2018/2019, teña dificultades económicas para continuar estudos.

Publicada a Orde do 14 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2018/19, teña dificultades económicas para continuar estudos.

Prazo de presentación das solicitudes:

  • Se a causa sobrevida e imprevista acontecese con anterioridade á publicación desta orde, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida, e, nestes casos, a data límite para presentar as solicitudes será o 31 de xullo de 2019, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).

Ler máis

Artigos relacionados

O Máster en Tradución para a Comunicación Internacional participa na reunión de primavera da rede EMT en Varsovia

Os días 2 e 3 de xuño de 2025, o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo, representado polo profesor Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy, participou na reunión de primavera da rede EMT (European Master’s in Translation), que tivo lugar na Universidade de Varsovia, no Instituto de Lingüística Aplicada.Esta xuntanza internacional, organizada…

Ler Máis
A Universidade de Vigo reafirma o seu liderado na localización de videoxogos coa III Edición dos Premios ETIV

O Centro Comercial Vialia de Vigo converteuse este venres nun escaparate da innovación e excelencia na tradución de videoxogos coa celebración da III Edición dos Premios ETIV-UVIGO. O evento, organizado polo título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e tamén polo noso Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI),…

Ler Máis