Los estudios de Traducción e Interpretación en la sociedad del siglo XXI

Bueno 01

Bueno 01Los estudios de Traducción e Interpretación en la sociedad del siglo XXI

Conferencia presentada polo profesor Dr. D. José Yuste Frías (Universidade de Vigo) e impartida polo profesor Dr. D. Antonio Bueno García (Universidad de Vallodolid) o 2 de febreiro de 2016 no Salón de Actos da Factultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Acto académico organizado polo Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional e o programa de doutoramento en Tradución & Paratradución

 Bionota do conferenciante: Antonio Bueno García (Valladolid, 1958) é licenciado e doutor en Filoloxía Románica [Filoloxía Francesa] pola Universidad de Valladolid (España) e Maîtrise de Letras Modernas pola Universidade francesa de Nantes. Premio Extraordinario de Doutoramento. Profesor Titular de Universidade na Facultad de Traducción e Interpretación de Soria (Universidad de Valladolid), onde imparte: Fundamentos de la traducción, Teoría e Historia de la Traducción Profesional e Institucional e Traducción Publicitaria francés-español. Coordinador do Grupo de Investigación Reconocido (GIR) e de Excelencia (GREX) de Castela e León (España) Intersemiótica, Traducción y Nuevas Tecnologías

Bueno 02Coordinador do Máster Oficial Europeo Traducción Profesional e Institucional e do programa de Doutoramento Traductología, Traducción Profesional y Audiovisual. Tradutor profesional francés-español de obras literarias e lingüísticas. Autor dun cento de obras entre monografías, libros editados e artigos sobre diversos aspectos relacionados coa teoría e práctica da tradución. Ten impartido seminarios e conferencias en moitas universidades nacionais e estranxeiras. É tamén experto na formación de tradutores da Dirección General de Traducción da Comisión Europea e Avaliador externo de diversas publicacións e axencias nacionais e estranxeiras.

Acceso directo á conferencia

Acceso directo á quenda de preguntas

Artigos relacionados

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Ler Máis
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

Ler Máis