Ferramentas de tradución profesional 1

Hoxe en día, as ferramentas de tradución son un elemento esencial do traballo da persoa que traduce profesionalmente. Cada día os e as profesionais da tradución enfróntanse á difícil tarefa de negociar as tarifas dun posible proxecto. Aí é onde xoga un papel preponderante o correcto manexo dun programa que permita reducir tempo e evitar eivas de tradución no texto meta. Ao observar esta situación cotiá, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) quere atender e encher o baleiro existente nos planos de estudo do grao en Tradución e Interpretación das universidades españolas no que respecta á formación do estudantado en asignaturas de programas e memorias de tradución.

Presentación da I.ª Edición do Curso Complementario Ferramentas de tradución profesional

O MTCI xa conta no seu programa coa materia de Gestión de memorias de traducción, a cargo da tradutora profesional Ana Hermida Ruibal, mais pensamos que asinarmos un acordo académico coa empresa Kilgray, creadora do programa MemoQ, sería positivo para o noso alumnado. Deste xeito, complementariamos a nosa formación no que atinxe ás ferramentas de tradución e memorias de tradución.

Este curso de 12 horas de formación conta con 40 prazas e terá lugar na aula Newton 9 da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo entre os días 22 e 24 de abril de 2014.

O alumnado interesado terá que facer a preinscrición entre os días 24 de febreiro e 4 de abril de 2014 na aplicación Bubela da Universidade de Vigo.

As taxas do curso son 150 euros para o público xeral, 80 euros para o alumnado da UVigo e 40 euros para o alumnado do MTCI. A coordinación pon a disposición 4 bolsas de 40 euros.

A formación correrá a cargo da tradutora e formadora Rocío Abelleira Zataraín, licenciada en Química pola Universidade da Coruña e en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Desde hai máis de dez anos, traballa como Linguistic Lead para Foreign Exchange Translations, unha empresa internacional líder no campo da tradución médica e farmacéutica. Entre as súas funcións están a creación e mantemento de terminoloxía, memorias de tradución e guías de estilo, así como a aplicación de novas tecnoloxías aos proxectos multilingües nos que participa.

O programa do curso complementario conta cun módulo teórico e outro práctico. No primeiro atenderase á relevancia que teñen as ferramentas de tradución para a persoa que traduce profesionalmente. No segundo, haberá unha introdución a licenza MemoQ (programa de memoria de tradución):

  • a) Memoria de tradución
  • b) Terminoloxía
  • c) Formato de arquivos
  • d) Principais funcións da ferramenta.

Traballarase con outras licenzas: Xbench (programa para o control da calidade da tradución) y Olifant (programa para o mantemento das memorias de tradución).

Cómpre subliñar que todos os ordenadores da sala terán instalados os programas mencionados para que o curso sexa eminentemente práctico e así levar a cabo situación e tarefas que simulan proxectos reais de tradución.

Coordinación do curso:

Óscar Ferreiro Vázquez 

Patrocinadores:

Kilgray Translation Technologies

Doutoramento T&P

Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI)

Notas de prensa:

Artículos relacionados

O Máster en Tradución para a Comunicación Internacional participa na reunión de primavera da rede EMT en Varsovia

Os días 2 e 3 de xuño de 2025, o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo, representado polo profesor Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy, participou na reunión de primavera da rede EMT (European Master’s in Translation), que tivo lugar na Universidade de Varsovia, no Instituto de Lingüística Aplicada.Esta xuntanza internacional, organizada…

Leer más
A Universidade de Vigo reafirma o seu liderado na localización de videoxogos coa III Edición dos Premios ETIV

O Centro Comercial Vialia de Vigo converteuse este venres nun escaparate da innovación e excelencia na tradución de videoxogos coa celebración da III Edición dos Premios ETIV-UVIGO. O evento, organizado polo título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e tamén polo noso Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI),…

Leer más