Acto de entrega de la Mención de Excelencia de la UE al MTCI

O actual coordinador do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, Óscar Ferreiro Vázquez, atópase actualmente na Comisión Europea en Bruxelas para participar na primeira reunión da rede European Master’s in Translation (EMT) e recoller da man do director xeral da Dirección xeral de Tradución da Comisión Europea, Christos Ellinides, o documento que certifica a nosa entrada como membro de pleno dereito na EMT. A reunión, que se celebra os días 24 e 25 de outubro de 2024 no Centro de Conferencias Albert Borschette, marca o inicio oficial da rede EMT 2024-2029. Este evento reúne a representantes dos mestrados europeos en tradución, así como expertos da industria lingüística, para promover a colaboración e a excelencia na formación de tradutores profesionais​.

Este recoñecemento sitúa o noso mestrado entre os programas de excelencia no eido da formación de tradutores en Europa. Tras un rigoroso proceso de avaliación, demostramos que cumprimos cos esixentes criterios de calidade e estándares establecidos pola Comisión Europea, o que nos permitiu formar parte da rede EMT para o período 2024-2029. Durante esta reunión, entregaranse os certificados de pertenza á rede a todos os membros recoñecidos​.

Somos o único mestrado en Galicia e un dos oito en toda España que obtivo esta prestixiosa distinción, o que reforza a nosa posición como unha referencia na formación en tradución. Un logro que celebramos con gran orgullo!

Seguiremos traballando para manter estes altos estándares e contribuír activamente á mellora da calidade da tradución profesional no contexto europeo.

 

IMPACTO EN PRENSA 

Atlántico (2 de novembro, 2024). Un máster de la UVigo obtiene un sello de calidad europeo. Dispoñible en: https://www.atlantico.net/articulo/universidad/master-uvigo-obtiene-sello-calidad-europeo/202411012000111057640.html

La Voz de Galicia (31 de outubro, 2024). El Máster en Traducción para la Comunicación Internacional obtiene el sello de calidad de Máster Europeo en Traducción. Dispoñible en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2024/10/31/master-traduccion-comunicacion-internacional-obtiene-sello-calidad-master-europeo-traduccion/00031730366943433765658.htm

 

IMG-20241024-WA0010

 

IMG-20241024-WA0009
IMG-20241024-WA0008
IMG-20241024-WA0006

Publicações relacionada

O Máster en Tradución para a Comunicación Internacional participa na reunión de primavera da rede EMT en Varsovia

Os días 2 e 3 de xuño de 2025, o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo, representado polo profesor Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy, participou na reunión de primavera da rede EMT (European Master’s in Translation), que tivo lugar na Universidade de Varsovia, no Instituto de Lingüística Aplicada.Esta xuntanza internacional, organizada…

Ler mais
A Universidade de Vigo reafirma o seu liderado na localización de videoxogos coa III Edición dos Premios ETIV

O Centro Comercial Vialia de Vigo converteuse este venres nun escaparate da innovación e excelencia na tradución de videoxogos coa celebración da III Edición dos Premios ETIV-UVIGO. O evento, organizado polo título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e tamén polo noso Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI),…

Ler mais
III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos. Este ano no CC Vialia

III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos – Unha cita ineludible   O vindeiro venres 30 de maio ás 19:00 h, o Centro Comercial Vialia de Vigo acollerá a III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á Localización de videoxogos, un evento no que o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) —Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e membro…

Ler mais