Acceso ás guías docentes en galego

Acceso ás guías docentes en castelán

 

Xestión de memorias de tradución

(Prof. Ana Hermida Ruibal)

As memorias de tradución son programas informáticos que axudan a aumentar a produtividade do tradutor, ao almacenar traducións xa feitas, así como as súas ganancias e a calidade do produto final. Nesta materia estudaranse as súas características e vantaxes, o seu funcionamento, así como algunhas das diferenzas existentes entre as principias memorias de tradución do mercado. Traballarase especialmente con Wordfast Classic e memoQ.

Programa

  1. Memorias de tradución
    1.1. Definición, características e vantaxes
    1.2. Diferenzas entre TAO e tradución automática
  2. Wordfast Classic
    2.1. Instalación
    2.2. Segmentación
    2.3. Características principais
    2.4. Análise de coincidencias
    2.5. Tradución doutros formatos (PowerPoint, Excel)
    2.6. Limpeza do documento segmentado
    2.7. Exportación de memoria TMX
  3. memoQ
    3.1. Instalación (só en Windows)
    3.2. Creación dun proxecto novo
    3.3. Bases de datos terminolóxicas
    3.4. Estatísticas de coincidencias e repeticións
    3.5. Tradución de diversos formatos: pretraducir, concordancia, control de calidade
    3.6. Exportación do arquivo e a memoria
  4. Outras ferramentas TAO
    4.1. OmegaT
    4.2. SDL Trados Studio
    4.3. Déjà Vu
  5. Aliñamento de documentos xa traducidos
  6. Formato TMX. Importación e exportación de memorias de tradución
  7. Memorias de tradución de uso libre na rede: compilación da memoria da UE
  8. Xestión de memorias de tradución, xestión terminolóxica e de calidade
    8.1. Xbench
  9. Outras aplicacións

 

Bibliografía

Campos Leza, F. (2009) «Wordfast Classic: una introducción», Panace@ X (29), pp. 51-57.

Cánovas, M. e Samson, R. (2008) Herramientas libres para la traducción en entorno MS Windows, en Oscar Díaz Fouces e Marta García González [eds.] Traducir (con) software libre, Granada: Comares, pp. 33-55.

Corpas Pastor, G. e Varela Salinas, M. J. [eds.] (2003) Entornos informáticos de la traducción profesional: las memorias de traducción, Granada: Comares.

Kilgray Translation Technologies. memoQ – memoQ guides and videos for translators.

Webb, L. E. (1998) Advantages and Disadvantages of Translation Memory: a Cost/Benefit Analysis.

GL
Skip to content