Acceso ás guías docentes en galego
Acceso ás guías docentes en castelán
Textos e discursos especializados: Tradución de textos do ámbito da biomedicina
(Prof.ª Elena Sánchez Trigo)
A tradución de textos biomédicos é na actualidade un eido con boas expectativas de crecemento no mercado da tradución. Céntrase nunha área complexa e moi extensa que inclúe unha gran variedade de situacións comunicativas, así como un gran número de contactos multilingües.
O obxectivo desta materia é ofrecer unha introdución que permita empezar a coñecer o eido da tradución de textos biomédicos. Para desenvolver este obxectivo, analizaranse, en primeiro lugar, as súas características específicas e os principais problemas que se poden atopar nos textos biomédicos cando se traduce. Presentarase, en segundo lugar, unha selección de fontes e recursos de documentación de utilidade para traducir. En terceiro lugar, abordaranse as principais liñas de investigación desenvolvidas en relación coa tradución de textos biomédicos.