BIONOTA

Catedrática de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo. Conta con 6 sexenios CNEAI de investigación e transferencia. É doutora en Filoloxía Románica (francés) pola USC (Premio Extraordinario doutoramento e licenciatura). Dirixiu e participou en numerosos proxectos competitivos de I+D e redes de investigación. Coordinou o grupo de referencia competitiva COLE (2012-2022). Agora está no grupo de investigación GALMA e no de innovación educativa Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade. Os seus resultados en investigación e transferencia inclúen: numerosas publicacións en recoñecidas revistas e editoriais, creación de recursos multilingües en liña (ex. Portal RERCOR) e un importante número de traducións biomédicas publicadas (colaboración con AFM-Téléthon (Francia) e ASEM (España). Forma parte de comités científicos de prestixiosas revistas. É avaliadora externa de axencias de calidade e organismos de avaliación docente e investigadora. Desempeñou diferentes cargos de xestión (como directora de departamento, coordinación de doutoramento ou directora do grupo de francés CIUG).

EXPERIENCIA DOCENTE

É catedrática de Tradución e Interpretación no departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo desde o 2003. A súa experiencia docente desenvolveuse no ámbito universitario. Nestes momentos imparte diferentes materias no grao en Tradución e Interpretación. Así mesmo, é docente no Máster interuniversitario en Lingüística Aplicada (MILA) e no Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, que recentemente recibiu a mención de excelencia por parte da Xunta de Galicia. A súa actividade en relación coa docencia inclúe tamén a participación no doutoramento en Estudos Lingüísticos (E-ling) e no doutoramento en Tradución & Paratradución.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

A súa investigación vincula, por unha banda, a análise teórica da tradución e a práctica tradutora e, por outra, o ámbito académico co social (transferencia). Deste xeito, a súa experiencia tradutora permitiulle enriquecer o seu traballo de investigación e viceversa. Este enfoque levoulle a desenvolver unha investigación fundamentalmente de natureza aplicada. Na actualidade as súas liñas de investigación principais céntranse na creación de recursos multilingües para a tradución especializada (en especial, no ámbito da biomedicina), a análise de convencións textuais e cuestións de terminoloxía, así como en aspectos teóricos e profesionais da tradución. Desenvolveu, así mesmo, outras liñas de investigación de natureza multilingüe como: problemas de tradución derivados da diacronía, dialectos temporais, intertextualidade e diferenzas culturais ou didáctica da tradución. Sobre os resultados da súa investigación pode consultarse  ORCID

PUBLICACIÓNS
  • Sánchez Trigo, E.- T. Varela Vila. Los términos manifestation (fr) y ‘manifestación’ (es) en artículos de revistas biomédicas: estudio basado en corpus, Revista de Lingüística, 33: 7-26 (ISSN 0214-9141). DOI: https://doi.org/10.21001/sintagma.2021.33.01 2021.
  • Sánchez Trigo, E. Deontología y traducción: elementos para el análisis de la profesión, Meta : journal des traducteurs / Meta: Translators’ Journal, LXV (3): 573- 593   (ISSN 0026-0452 (imprimé) 1492-1421 (numérique)). DOI: https://doi.org/10.7202/1077404ar 
  • Varela Vila, T.- Sánchez Trigo. Diseño e implementación de una base de conocimiento terminológico sobre enfermedades raras. Onomázein. Revista de lingüística, filología y traducción, 49: 1- 20 (E-ISSN: 0718-5758). DOI: https://doi.org/10.7764/onomazein.49.01 2020.
  • Sánchez Trigo, E.- T. Varela Vila. RERCOR: portal de recursos lingüísticos multilingües sobre enfermedades raras, Estudios de Traducción, 9: 131-151 (ISSN 2174-047X, ISSN-e 2254-1756). DOI: https://doi.org/10.5209/estr.65706
  • Sánchez Trigo, E. Traducir el discurso especializado: errores de traducción y destrucción de valor. En García Peinado, M.Á.y Ahumada Lara, I. (eds.) Traducción literaria y discursos traductológicos especializados, Peter Lang: Berlín, 409-429 (ISBN: 978-3-631-74680-6) 2018.
Abreu López, Lorena
Álvarez Lugrís, Alberto
Bourgoin Vergondy, Emmanuel
Buxán Otero, Patricia
De Carlos Villamarin, Pablo
Del Pozo Triviño, Maribel
Domínguez Araújo, Lara
Fernández Carballo Calero, Pablo
Fernández Ocampo, Anxo
Ferreiro Vázquez, Óscar
Galanes Santos, Iolanda
Garrido Vilariño, Xoán
González Santamaría, Pedro
Gregori Sendra, Jessica
Hermida Ruibal, Ana
Louredo Casado, Sara
Luna Alonso, Ana
Méndez González, Ramón
Montero Domínguez, Xoán
Mourelo Pérez, Salvador
Sanchez Trigo, Elena
Sotelo Dios, Patricia
Torres Pérez, Francisco José
Yuste Frías, José