Acceso ás guías docentes en galego

 Acceso ás guías docentes en castelán

 

 

Tradución especializada económico-comercial: Alemán-Galego-Alemán / Alemán-Español-Alemán

(Prof.ª Jessica Gregori Sendra)

A innovación tecnolóxica no eido industrial (ben sexa no ámbito máis especializado, como maquinaria para grandes obras ou automatización de procesos, ben no máis próximo ao consumidor privado, como automoción ou electrodomésticos) segue a ser un dos puntos fortes das empresas que teñen as súas sedes principais en Alemaña, Suíza ou Austria. A demanda destes produtos por parte de empresas de todo o mundo mantense –e nos sectores máis exclusivos rexistra importantes incrementos–, empresas que deciden apostar pola marca Made in Germany ao tempo que por tecnoloxías cuxo desenvolvemento e fabricación son case exclusivos deses fabricantes. As relacións mercantís que xorden neste contorno de oferta e demanda xeran toda unha serie de documentos que vai dende a propia documentación técnica até outros documentos de carácter legal (contratos, condicións de compravenda, seguros de transporte) e comercial (correspondencia, orzamentos…). O obxectivo desta materia é que a/o alumna/o adquira a competencia necesaria para traducir con fidelidade comunicativa e corrección expresiva os distintos tipos de documentos de carácter económico e comercial que se xeran no proceso de compravenda. Para iso, comezarase cunha parte introdutoria de carácter teórico en que se presentarán os sistemas económicos dos países alemanfalantes e as relacións bilaterais comerciais que se estabelecen entre estes e os estados galegofalantes e castelanfalantes. Para asentar as bases para o posterior traballo de tradución, seguirá unha parte dedicada á terminoloxía e fraseoloxía deste ámbito e aos recursos documentais e estratexias de creación terminolóxica dispoñibles. A análise e tradución dos documentos econónicos-comerciais conforma o cerne da asignatura e abordarase dende o paradigma da tipoloxía textual. Finalmente, incluirase unha simulación do proceso de compravenda en que se porán en práctica de forma integrada os elementos estudados nos apartados previos.

GL
Skip to content