Tecnoloxías e ferramentas

Tecnoloxías e ferramentas lingüísticas para a investigación en tradución (Profs. Xavier Gómez Guinovart e Xosé María Gómez Clemente) A materia de “Tecnoloxías e ferramentas lingüísticas para a investigación en tradución” fornece os coñecementos teóricos e prácticos para o aproveitamento de diversas tecnoloxías lingüísticas no estudo e na práctica da tradución, profundizando ao longo do curso nos…

Law

Dereito aplicado a traducción (Prof. Sara Menor Conde) A finalidade da materia “Dereito aplicado a traducción” é ofrecer unha serie de coñecementos sobre o contorno xurídico que rodea a profesión das persoas que se dedican á traducción e á interpretación. Farase especial referencia a denominada “propiedade intelectual”, tamén coñecida como “dereitos de autor”, por ser…

económico-comercial Inglés

Tradución especializada económico-comercial: Inglés-Galego- Inglés / Inglés-Español-Inglés (Profa. Mª Angeles Romasanta González) A materia ten o obxectivo de afondar e ampliar os coñecementos adquiridos durante os estudos previos, ademais de familiarizar ao alumnado coa linguaxe específica, estruturas, documentación e trámites propios das actividades económico-comerciais. Nesta materia traballaranse todos os aspectos máis relevantes que competen a…

cooperación

Tradución e cooperación transfronteiriza (Prof. Rita Fidalgo Oitavén) Son moitas as áreas nas que un tradutor pode traballar, sexa directamente na tradución ou ben aproveitando as posibilidades que, nun país coma este, se lle presentan a unha persoa  con dominio de varias linguas. As entidades que desenvolven proxectos de cooperación territorial ben sexa transfronteiriza, transnacional…

Video Game Translation

Acceso ás guías docentes en galego Acceso ás guías docentes en castelán   Traducción de videojuegos (Prof. Ramón Méndez González) A materia de Tradución de videoxogos ten como obxectivo ofrecer aos alumnos un completo panorama do mercado dos videoxogos e presentarlles todas as posibilidades de traballo no mesmo, dende a localización textual ata as dinámicas no…

económico-comercial Alemán

Tradución especializada económico-comercial: Alemán-Galego-Alemán / Alemán-Español-Alemán (Prof. Patricia Buján Otero) A innovación tecnolóxica no eido industrial (ben sexa no ámbito máis especializado, como maquinaria para grandes obras ou automatización de procesos, ben no máis próximo ao consumidor privado, como automoción ou electrodomésticos) segue a ser un dos puntos fortes das empresas que teñen as súas…

Applied economics

Economía aplicada á tradución (Prof. Pablo de Carlos Villamarín) Como consecuencia da globalización, as empresas, actores principais da economía de mercado, compiten nun contorno cada vez máis dinámico e complexo que, entre outras cousas, as obriga a conferirlle unha dimensión internacional ás súas actividades. Neste escenario, a posibilidade de crecer, e mesmo sobrevivir depende, en…

económico-comercial Francés

Tradución especializada económico-comercial: Francés-Galego-Francés / Francés-Español-Francés. (Prof. Óscar Ferreiro Vázquez) A finalidade desta formación é que o alumnado poida ter unha visión das tarefas que realizan os tradutores no eido empresarial a través da tradución de contratos mercantís, estatutos de empresa, textos institucionais, contratos de compravenda, arrendamentos e concesións. Tamén se analizarán as diferentes formas…

export-import

Estratexias de tradución exportación/importación (Profa. Juani Barreiro Cruz) ¿Que lle podes achegar ó departamento de exportación/importación se estudiaches Tradución e Interpretación? ¿Cales son os teus puntos fortes? ¿Como melloralos? Nesta materia o alumnado adquirirá os coñecementos básicos de comercio exterior para a iniciación e para o desenvolvemento profesional no ámbito da empresa internacional, en especial…

económico-comercial Portugués

Tradución especializada económico-comercial: Portugués-Galego-Portugués / Portugués-Español-Portugués (Prof. Xosé Luís Janeiro Espiñeira) Esta materia do Mestrado para a comunicación internacional pretende intoducir os participantes na análise de textos e documentos de diversa natureza pertencentes ao ámbito económico e comercial, con especial referencia á tipoloxía empregada en Portugal e Brasil, para levaren a cabo traducións especializadas neste…