Tecnoloxías e ferramentas

Tecnoloxías e ferramentas lingüísticas para a investigación en tradución

(Profs. Xavier Gómez Guinovart et Xosé María Gómez Clemente)

A materia de “Tecnoloxías e ferramentas lingüísticas para a investigación en tradución” fornece os coñecementos teóricos e prácticos para o aproveitamento de diversas tecnoloxías lingüísticas no estudo e na práctica da tradución, profundizando ao longo do curso nos fundamentos teóricos e nas aplicacións prácticas dos corpus paralelos de traducións, dos corpus técnicos de textos especializados, e das bases de datos léxicas, terminolóxicas e neolóxicas.

Article similaire

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

En savoir plus
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

En savoir plus