Acceso ás guías docentes en galego
Acceso ás guías docentes en castelán
Tradución e patrimonio
(Prof. Anxo Fernández Ocampo)
Pode que a variabilidade lingüística se considere un risco dentro da industria do turismo. Porén, esta crenza disimula unha circunstancia única no mundo profesional da tradución: traducir destinos turísticos ou itinerarios de visita a museos non consiste en navegar entre dúas linguas, senón en dominar a linguaxe das vitrinas, mediar entre o público e a paisaxe, os monumentos, as lendas e as texturas. Logo o aproveitamento colectivo e multilingüe das paisaxes e dos bens patrimoniais pasa por cultivar un estilo de tradución que mova as engrenaxes da curiosidade e que saiba proporcionar equivalencias para compartir unha experiencia sensible.