Dar sentido a nivel global a referencias culturalmente localizadas: exemplos dalgúns desafíos da tradución de videoxogos
Esta conferencia versará sobre os desafíos que expón a tradución de videoxogos que centran a súa temática en referencias culturalmente arraigadas. En primeiro lugar, remontarémonos á historia dos xogos de aventura franceses dos anos 80. Logo, desenvolveremos os desafíos creativos que supuxo a tradución ao italiano do noso xogo Lie in my heart, unha autobiografía cuxa acción está situada xeográfica e temporalmente para causar un efecto realista, á vez que contén referencias transmediáticas. Estas referencias teñen como obxectivo cobrar sentido en múltiples niveis xeográficos, tanto a nivel nacional como transnacional.
Sébastien Genvo
é profesor na Université de Lorraine, director do departamento Information – Communication e está vinculado ao Centro de investigación sobre mediacións. É responsable do equipo de investigación Pixel. Game designer en Ubisoft en 2001-2002, Sébastien Genvo defendeu a primeira tese (2006) en Francia sobre videoxogos. Neste ámbito, os seus traballos céntranse nos desafíos artísticos e culturais, onde desenvolve en particular a noción de «xogos expresivos». Neste marco desenvolve as súas actividades de investigación —creación que levou ao desenvolvemento de dous xogos independentes, Keys of a gamespace (2011) e Lie in my heart (2019). É responsable do expressive gamelab, unha plataforma de análise e de creación videolúdica.