A nosa doutoranda Alba Rodríguez Saavedra, entrevistada en GCiencia
Temos o gusto de anunciar que Alba Rodríguez Saavedra, doutoranda do noso Programa e membro do Grupo de investigación T&P, foi entrevistada por GCiencia, o portal galego de xornalismo científico e divulgación. A entrevista produciuse debido ao interese espertado polo último artigo publicado por Alba Rodríguez Saavedra na revista Viceversa: «De Rosalía de Castro a Ruth Matilda Anderson. Feminismo e paratradución». Neste traballo, que xa é o máis consultado da revista, analízanse as traducións e paratraducións que Anderson fixo de Rosalía de Castro, coas que pretendía dar a imaxe de muller afouta, independente e con voz de seu, oposta á imaxe canonizada de mater dolorosa que acabou impoñéndose. A entrevista pódese ler no portal de GCiencia: Ruth Matilda Anderson: tradutora e cómplice da muller galega a través de Rosalía.