Catro prazas de lectorados de lingua e cultura galega
Publícanse no DOGA do 25 de maio o anuncio da convocatoria de 4 prazas de lectorados de lingua e cultura galega de contratados, procedemento ED110B (UPV e Oxford) e de bolseiros (París e São Paulo), procedemento ED110A.
O prazo de solciitudes remata o 25 de xuño.
1. Dúas bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (ED110A) nos centros de estudos galegos situados nas
universidades seguintes:
- Université de la Sorbonne Nouvelle, París III París Francia Inicio 1.10.2018 Remate 30.9.2021
- Universidade de Sâo Paulo Sâo Paulo Brasil Inicio 1.1.2019 Remate 31.12.2021
Máis información: convocatoria publicada no DOGA.
2. Dúas prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (procedemento ED110B) nos centros de estudos galegos localizados nas seguintes universidades:
- University of Oxford Oxford Reino Unido
- Universidade do País Vasco (Euskal Herriko Univertsitatea) País Vasco
Máis información: convocatoria publicada no DOGA.