CURSO VIRTUAL “Información Científica: acceso, xestión, avaliación e publicación”
Como en anos anteriores, o Servizo de referencia da Biblioteca Universitaria de Vigo ofrece a través da plataforma Moovi para o noso alumnado o curso virtual “Información Científica: acceso, xestión, avaliación e publicación”. É un curso totalmente virtual e asíncrono, polo que se pode facer no horario que máis vos conveña.
As persoas interesadas en facer o curso deben comunicalo ao correodoutoramento_paratraducion@uvigo.gal antes do día 16 de febreiro ás 12.00, para podelas dar de alta no curso en Moovi.