III Curso de Tradución Médica – AGPTI 2019
Administrado por Fernando A. Navarro
Este curso (cunha parte teórica e unha parte práctica) supón unha excelente oportunidade para ampliar os coñecementos sobre a tradución médica inglés-español da man dunha autoridade neste campo: Fernando Navarro. O curso impartirase en español.
Programa e horario
Venres 27 de setembro
17:00 – 18:45 «A xerga dos médicos»
18:45 – 19:15 Descanso
19:15 – 21:00 Taller práctico: tradución EN>ES dun texto médico
21:30 − 23:30 Cea de confraternización (optativa)
Sábado 28 de setembro
10:00 – 11:45 Taller práctico: revisión dunha tradución médica EN>ES
11:45 – 12:15 Descanso
12:15 – 14:00 «A xerga dos pacientes»
Fernando A. Navarro é médico de formación, especialista en farmacoloxía clínica. Entre 1993 e 2002 foi tradutor médico do cadro de persoal no Servizo de Idiomas dos Laboratorios Roche en Basilea (Suíza). Na actualidade é tradutor médico autónomo para grandes laboratorios farmacéuticos e organismos internacionais do sector biosanitario, e docente do «Máster en traducción médico-sanitaria» da UJI. É socio fundador da plataforma Cosnautas de recursos profesionais para a tradución médica; fundador e primeiro director da revista Panace@; socio de honor de Tremédica, de Asetrad, de IAPTI e de UniCo; académico correspondente e vogal da comisión de traducions da Academia Norteamericana de la Lengua Española (Nova York); e membro da xunta directiva da Asociación Española de Médicos Escritores. Autor do Diccionario de dudas y dificultades de traducción del inglés médico e director técnico do Diccionario de términos médicos da Real Academia Nacional de Medicina.
Lugar de celebración
Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Preinscrición
As cotas de matrícula son 80 € para socios da AGPTI, o alumnado da USC e da UVIGO, 100 € para socios da Rede Vértice* e 135 € para non socios. Pregámosvos que non paguedes mentres que non vos confirmemos que estades admitidos/as. A confirmación realizarase unha vez rematado o prazo de preinscrición e comunicarase por correo electrónico tanto a admisión como os pasos que debedes dar para formalizar a matrícula.
Dado que o número de prazas é limitado, darase preferencia aos socios e socias da AGPTI. Polo demais, a admisión realizarase por estrita orde de chegada das solicitudes de preinscrición, criterio que rexerá tamén no caso de que algún/ha dos/das preinscritos/as non formalice a matrícula no prazo estipulado e haxa que recorrer á lista de agarda, se a houbese.
Para preinscribirvos neste curso, enchede o formulario que atoparedes aquí.
Prazo de preinscrición: ata o 16 de setembro.
* A Rede Vértice está formada polas seguintes asociacións: AATI, ACEC, ACEtt, AGPTI, AICE, AIPTI, APTIC, APTIJ, ASATI, Asetrad, ATIJC, ATRAE, AVIC, EIZIE, Espaiic, FILSE, TREMÉDICA, UniCo e XARXA.