Letra a letra con Xela Arias. Colaboración e tradución – mesa redonda
26 de febreiro de 2021, 16.30h.
O evento centra o interese en poñer en valor a faceta de tradutora de Xela Arias, autora homenaxeada en 2021 coas Letras Galegas.
Xela Arias, poeta e tradutora, formou parte do Consello de redacción da revista de tradución, Viceversa. Revista Galega de Tradución, publicada pola Universidade de Vigo.
A mesa redonda, moderada polo editor e profesor, Manolo Bragado, presenta a tres das persoas que traballaron con Xela Arias nalgún dos numerosos proxectos de tradución que levou a cabo para Edicións Xerais de Galicia: Débora Ramonde, Lidia Iglesias e Rafael Ferradáns.
O desenvolvemento do encontro será en modalidade virtual. Retransmitiremos en directo e en aberto para toda a comunidade universitaria, así como calquera persoa interesada. Código de acceso: https://tv.uvigo.es/live/5b60870c8f4208dd20625884.