Programa de acreditación dos doutoramentos 2021
Neste curso 2020-21 o Programa de doutoramento en Tradución e paratradución someterase ao proceso de acreditación que desenvolve a ACSUG coa fin de comprobar que os programas de doutoramento do sistema univesitario galego cumpren os obxectivos marcados nas súas memorias e manteñen a súa relevancia académica. Nos últimos meses a Comisión académica redactou o autoinforme de avaliación e elaborou a documentación acreditativa correspondente (indicadores, evidencias, informes de resultados).
O vindeiro día 29 de xuño o Programa recibirá a visita da Comisión avaliadora, que se entrevistará coa Comisión académica e con representacións do profesorado, do alumnado e das persoas egresadas.