Simposio internacional Promoción cultural nas feiras internacionais do libro
10 a 12 de marzo 2021
Neste simposio abórdanse as feiras internacionais do libro (FIL) desde a perspectiva dos Estudos da Cultura, a Socioloxía da Tradución e a Economía da Cultura, cun equipo pluridisciplinar e internacional. O seu obxectivo é mellorar o coñecemento sobre as FIL como instrumentos de promoción cultural e coñecer se a condición de “convidado de honra” nelas permite un acúmulo estábel e visíbel de capitais (especialmente de tipo simbólico mais tamén económico e cultural) no espazo transnacional das relacións literarias, culturais e políticas.
O encontro reúne especialistas académicos/as que traballan de modo central sobre: a) a perspectiva teórico-metodolóxica dos estudos da Cultura; b) a análise de dinámicas e actantes (organizadores/as; planificadores/as, escritores/as, editoras, axencias literarias, tradutores/as, comunicadores/as, etc.); c) os discursos culturais e d) como se presentan as culturas nas FIL do século XXI. O simposio insírese no proxecto de investigación CULTURFIL (www.culturfil.org).
O programa de Doutoramento Tradución & Paratradución aprobou que se considere a asistencia ao Simposio Internacional Promoción Cultural nas FIL como actividade de formación.
Lugar:
A actividade será retransmitida a través da web da entidade colaboradora (www.consellodacultura.gal) e da súa canle en Youtube (https://www.youtube.com/user/ConsellodaCultura). O evento estará dispoñible en datas próximas na web Culturfil (https://culturfil.org) e mais na Mediateca web do Consello da Cultura Galega e na súa canle de Youtube.
Organiza:
CULTURFIL (www.culturfil.org), proxecto de investigación “Nuevas estrategias de promoción cultural. Las ferias internacionales del libro y la condición de invitado de honor” (FFI2017-85760-P), financiado pola Axencia Estatal de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación (Goberno de España) e por Fondos FEDER.
Comité organizador:
Carmen Villarino Pardo (USC), Iolanda Galanes Santos (UVigo) e Silvia Montero Küpper (UVigo)
Colaboradoras:
Ana Luna Alonso (UVigo), Áurea Fernández Rodríguez (UVigo), Elisabeth Torres Palomino (USC) e Márlio Barcellos Pereira da Silva (USC)
Comité científico internacional:
Freja Ininna Cervantes Becerril (Univ. Autónoma Metropolitana, México)
Alejandro Dujovne (IDES-CONICET, Arxentina)
Fábio Sá Earp (Univ. Federal do Rio de Janeiro, Brasil)
Pura Fernández (CCHS-CSIC, Madrid. Directora portal EDI-RED)
Ana Gallego Cuiñas (Univ. de Granada)
Jordi Jané-Lligé (Univ. Autónoma de Barcelona)
Luis Pegenaute (Univ. Pompeu Fabra)
Daniela Szpilbarg (IDES-CONICET, Arxentina)
Leonardo Tonus (Paris Sorbonne-Paris IV)