Conferencia Wordfast

Cumprindo co cronograma dos eventos científicos programados e as actividades extraacadémicas previstas en cada curso académico, dende o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI)-Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea– comprácenos anunciar a conferencia titulada Traducción: un arte siempre dando un paso adelante, impartida por Philippe Locquet, responsable do programa académico de Wordfast.

Terá lugar o xoves 21 de novembro en horario de 16.00 h a 17.15 h na aula C1 da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo. 

Abordarase un amplo abano de temas de interese, como os cimentos da tradución (tomando como exemplo Rosetta), as diferentes tecnoloxías empregadas en tradución, o funcionamento das ferramentas TAO (fundamentos e demostración), o Large Language Model (LLM), así como novas perspectivas de futuro e, por suposto, unha ronda de preguntas onde o alumnado poderá compartir as súas impresións, dúbidas ou curiosidades. 

Esta actividade vai dirixida ao estudantado do MTCI e do Programa Internacional de Doutoramento en Tradución & Paratradución (T&P). A inscrición previa é obrigatoria. Escanea o código QR do cartel o preme aquí

Ademais, o alumnado que participe terá acceso gratuíto limitado á versión básica de Wordfast e un prezo reducido (90 €) na versión de pago o primeiro ano.

 

Picture of Philippe Locquet

Philippe Locquet

Philippe Locquet xestiona o popular Programa Académico de Wordfast, que axuda a miles de estudantes e profesores de todo o mundo. Locquet ofrece recursos (activos lingüísticos de calidade para CAT ou MT/LLM), apoio e formación, e comparte coñecemento no seu canal de YouTube Translators Tech Corner.

Artigos relacionados

Activar espazos, crear públicos: un obradoiro para repensar a cultura como motor de cidade

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional pon en marcha o obradoiro «Activar espazos, crear públicos. Impacto, cidade e sostibilidade», unha proposta formativa intensiva e de carácter práctico impartida pola xestora cultural Patricia Verdial Garay. Este obradoiro nace coa vocación de ofrecer ao estudantado ferramentas reais para deseñar, activar e avaliar programas públicos en…

Ler Máis
Microcredencial: Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios

Temos o pracer de anunciar a posta en marcha da microcredencial Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios, unha formación inicial deseñada para ofrecer unha visión previa, rigorosa e contextualizada da Corea contemporánea. Esta proposta formativa está dirixida a estudantes, profesionais e persoas interesadas que se preparan para realizar estudos ou estadías…

Ler Máis
Do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional ao Parlamento Europeo: entrevista con Alba Rubio Alonso

Por que decidiches solicitar a bolsa Schuman do Parlamento Europeo e como te enteraches da convocatoria? Que esperabas aprender ou experimentar durante o teu período de prácticas? Dende a adolescencia, sempre sentín un especial interese polas culturas. Cando estudei o Grao en Linguas Estranxeiras e, posteriormente, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, sabía…

Ler Máis