Cursos de formación previa

Cursos de formación previa de Memorias de Tradución: coñecementos básicos e Corrección lingüística e fundamentos da práctica tradutiva

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) 一Mestrado Universitário com Excelência da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea一continúa a ofrecer formación especializada para o desenvolvemento profesional no eido da tradución. Neste mes de decembro, organizamos dúas sesións de interese para o estudantado do MTCI.

Estes cursos están abertos a todo o estudantado do MTCI, pero están especialmente recomendados para aqueles que non cursaron estudos de tradución previamente.

Memorias de tradución: coñecementos básicos

  • Impartido por: Ana Hermida, docente do MTCI
  • Data: 11 de decembro
  • Lugar: Aula Newton 17
  • Duración: 4 horas

Esta sesión está deseñada para introducir os principios básicos do uso de memorias de tradución. Analizaranse as principais funcionalidades, aplicacións e vantaxes no contexto profesional.

Corrección lingüística e fundamentos da práctica tradutiva

  • Impartido por: Patricia Buxán, docente do MTCI
  • Datas:
    • Sesión presencial: 16 de decembro (Aula Newton 17)
    • Sesión virtual: 18 de decembro
  • Duración:
    • 4 horas (presencial)
    • 2 horas (virtual)

Esta actividade ofrecerá un enfoque práctico sobre os principios da corrección lingüística e as bases do traballo tradutivo. A sesión presencial centrarase en casos prácticos, mentres que a virtual permitirá unha reflexión e reforzo dos conceptos abordados.

Publicações relacionada

Do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional ao Parlamento Europeo: entrevista con Alba Rubio Alonso

Por que decidiches solicitar a bolsa Schuman do Parlamento Europeo e como te enteraches da convocatoria? Que esperabas aprender ou experimentar durante o teu período de prácticas? Dende a adolescencia, sempre sentín un especial interese polas culturas. Cando estudei o Grao en Linguas Estranxeiras e, posteriormente, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, sabía…

Ler mais
Aberta a inscrición na microcredencial «Tradución e dobraxe»

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo informa que puxo en marcha, a través do docente Xoán Montero, a microcredencial «Tradución e dobraxe», unha formación semipresencial de 3 ECTS pensada para iniciar o alumnado nas profesións de tradutor/a audiovisual e actor/actriz de dobraxe. Trátase dunha excelente oportunidade para achegarse ao…

Ler mais
O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Ler mais