Acceso ás guías docentes en galego
Acceso ás guías docentes en castelán
Tradución especializada xurídico-administrativa: Alemán-Galego-Alemán / Alemán-Español-Alemán
(Prof.ª Patricia Buján Otero)
Neste curso afondarase na tradución de textos administrativos e introducirase o alumnado na tradución de textos do ámbito xurídico. O alumnado aprenderá a preparar, comprender e traducir textos destes ámbitos. Incluiranse ademais técnicas de tradución xurada.
Despois dunha introdución ao ordenamento xurídico alemán e ao español en que se compararán estruturas e procedementos, coñeceranse as ferramentas e os medios precisos para abordar este tipo de textos tanto dende o punto de vista lingüístico coma de contido. Traballarase con documentos administrativos, notariais, lexislativos e xudiciais. Dende un punto de vista contrastivo, estudaranse os elementos terminolóxicos e fraseolóxicos máis característicos, así como a composición e estrutura de cada un dos xéneros textuais tratados.
As prácticas serán fundamentalmente de tradución ao galego/español, ben que se incluirá algunha actividade de tradución ao alemán.