«Muller, creación literaria e tradución no primeiro terzo do século XX»
Assumpta Camps Olivé
O vindeiro martes día 9 de outubro a profesora Assumpta Camps, da Universitat de Barcelona impartirá a conferencia titulada «Muller, creación literaria e tradución no primeiro terzo do século XX». Terá lugar ás 11.00 no Salón de Graos da FFT (aula B3). A actividade está organizada por BiFeGa – Bitraga – Programa de Doutoramento T&P e conta co patrocinio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
A profesora Assumpta Camps Olivé é licenciada en filoloxía italiana (UAB 1984), doutora en Filosofía e letras (UAB 1991) e catedrática de Filoloxía italiana. É profesora do Mestrado oficial en Literaturas hispánicas (catalana, galega e vasca) no contexto europeo da UNED, que conta coa Mención de calidade. É fundadora e directora do CRET(Grupo de investigación consolidade sobre Estudos de tradución e multiculturalidade). Dirixe a revista Transfer. No ano 1999 foi premio Serra D’Or de tradución. É tamén tradutora literaria e xurada.
A profesora Camps ten publicdo numerosos artigos en revistas especializadas, capítulos de libro e libros de autoría propia, tanto de ámbito nacional como internacional. Traduciu máis de vinte volumes. Dirixíu varias teses de doutoramento. É membro de varias asociacións profesionais nacionais e internacionais, entre elas a SEI, Sociedade española de italianistas.
Acceso aos vídeos da sesión, coa presentación, a conferencia e a quenda de preguntas.
Non é a primeira vez que a profesora Assumpta Camps visita a nosa facultade. En concreto, o 6 de maio de 2010 presentounos a conferencia titulada «Transcreación. El pensamiento brasileño contemporáneo sobre la traducción: crítica, teoría y práctica traductora».