logotyplogotyplogotyplogotyp
  • Inicio
  • Paratraduccion
  • Presentación
  • Admisión
  • Matrícula
  • Becas
  • Calendario
  • Actividades
  • Contacto
✕

Convocatoria de Premios de excelencia académica para o alumnado de doutoramento

 

Contar cun expediente académico sobresaínte pode ter premio. Co propósito de dar a benvida e recompensar ao novo estudantado de doutoramento, a Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria e da Escola Internacional de Doutoramento, EIDO, lanza os Premios á excelencia académica, cos que concederá 42 galardóns de 250 euros a aqueles alumnos e alumnas que conten cunha traxectoria curricular destacada na súa formación anterior.

En total, a Universidade repartirá 10.500 euros entre o alumnado de 39 titulacións, tendo en conta as notas medias dos expedientes académicos de mestrado, grao, licenciatura ou enxeñaría. O número de premios asignado a cada programa de doutoramento pode consultarse no anexo II da convocatoria e varía en función da cantidade de estudantes de nova matrícula que acollan.

Solicitudes en liña

O estudantado interesado en solicitar os Premios á excelencia académica, compatibles con calquera outro premio ou axuda, debe cubrir o formulario en liña correspondente antes do 8 de abril ás 23.59 horas. Só poderán optar a estes recoñecementos aquelas persoas que estean matriculadas por primeira vez no curso 2020/2021 nos estudos de doutoramento que figuran no anexo da convocatoria, que manteñan a condición de matrícula todo o curso e que teñan unha media ponderada igual ou superior a 1,00.

Na primeira fase do procedemento, unicamente será necesario anexar a certificación académica no caso de ter cursado os estudos previos en universidades distintas á UVigo, aínda que a comisión de avaliación poderá solicitar calquera documentación que precise para valorar correctamente os méritos das interesadas e interesados.

Nun prazo de tres meses, a comisión seleccionará o estudantado beneficiario dos premios baseándose na nota media do grao, licenciatura ou enxeñaría. A esta nota ponderada sumaranse 0,1 puntos se a persoa solicitante ten unha titulación de mestrado rematada ou 60 créditos superados nun mesmo máster.

Fonte: Duvi.

Alberto Álvarez Lugris
Alberto Álvarez Lugris

Entradas Relacionadas

03/10/2024

Coloquio sobre investigación


Read more
05/09/2024

Paratraducción: la noción clave de la Escuela de Vigo


Read more
30/12/2023

A doutoranda Alba Rodríguez Saavedra, Premio Enxeñeiro Comerma do Concello de Ferrol


Read more

Comments are closed.

Más Información

  • Profesorado
  • Alumnado
  • Tesis Doctorales T&P
  • Lineas de Investigación T&P
  • Grupo de investigación T&P
  • Blogs de Investigación T&P
  • Máster MTCI
  • Título Propio ETIV
  • CAPD
  • EIDO
  • Documentos
  • Becas
  • Movilidad
  • Preguntas frecuentes
  • Guía da Biblioteca universitaria

Becas

  • Bolsas de Mobilidade para o alumnado de Doutoramento, 2020/2021
    16/07/2021
  • Bolsas de formación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación e Humanidades
    03/07/2019
  • Axudas para participación en feiras e festivais internacionais do sector do libro
    12/05/2019
  • Convocatorias de prazas de lingua e literatura galega e bolsas en planificación sociolingüística
    13/03/2019
  • Conferencia de presentación das bolsas Fulbright
    05/03/2019

Entradas del Blog

  • Coloquio sobre investigación
    03/10/2024
  • Paratraducción: la noción clave de la Escuela de Vigo
    05/09/2024
  • A doutoranda Alba Rodríguez Saavedra, Premio Enxeñeiro Comerma do Concello de Ferrol
    30/12/2023
  • Presentación de resultados del proyecto de investigación «Mujeres y migraciones en la industria del videojuego»
    15/03/2023
  • Nuevo libro T&P-MTCI-ETIV «L’apprentissage des langues à l’ère du numérique»
    27/02/2023

Archivos

  • octubre 2024 (1)
  • septiembre 2024 (1)
  • diciembre 2023 (1)
  • noviembre 2023 (34)
  • marzo 2023 (1)
  • febrero 2023 (2)
  • enero 2023 (2)
  • octubre 2022 (3)
  • julio 2022 (3)
  • junio 2022 (1)
  • mayo 2022 (7)
  • abril 2022 (9)
  • febrero 2022 (2)
  • enero 2022 (3)
  • julio 2021 (4)
  • junio 2021 (5)
  • mayo 2021 (2)
  • marzo 2021 (3)
  • octubre 2020 (1)
  • abril 2020 (2)
  • marzo 2020 (2)
  • febrero 2020 (1)
  • noviembre 2019 (1)
  • octubre 2019 (2)
  • septiembre 2019 (2)
  • julio 2019 (2)
  • mayo 2019 (4)
  • abril 2019 (1)
  • marzo 2019 (6)
  • febrero 2019 (2)
  • enero 2019 (6)
  • noviembre 2018 (2)
  • octubre 2018 (4)
  • septiembre 2018 (1)
  • julio 2018 (2)
  • junio 2018 (8)
  • mayo 2018 (2)
  • abril 2018 (3)
  • marzo 2018 (4)
  • febrero 2018 (6)
  • enero 2018 (3)
  • diciembre 2017 (2)
  • noviembre 2017 (5)
  • octubre 2017 (2)
  • septiembre 2017 (5)
  • julio 2017 (14)
  • junio 2017 (29)
  • mayo 2017 (32)
  • abril 2017 (29)
  • marzo 2017 (35)
  • febrero 2017 (35)
  • enero 2017 (2)
  • diciembre 2016 (1)

Etiquetas

  • acreditación
  • ACSUG
  • actividades formnativas
  • activismo feminista
  • Adrián Suárez Mouriño
  • Advancing Translation Studies
  • AGAPTI
  • AGPTI
  • Aida Cordeiro
  • AIETI
Traduccion & Paratraduccion - Universidade de Vigo - 2017
[contact-form-7 id="16" title="Contact form 1"]