Hoxe, mércores 29 de novembro de 2017, ás 14.00 horas, o profesor Xoán Manuel Garrido Vilariño impartirá unha conferencia en Recife (Brasil) no Auditorio do Centro de Artes e Comunicação da Universidade Federal de Pernambuco (CAC-UFPE), convidado polo Grupo de estudos em Tradução, Identidade e Cultura (Traddus) da mesma universidade.
Como membro titular do grupo Tradución & Paratradución (T&P) e coordinador das liñas de investigación «Memoria, Mestizaxe e Migración» (MMM) abordará a presenza da persoa que interpreta durante a conquista e colonización de América. Na conferencia que leva por título O intérprete na América Colonial_O primeiro mestiço cultural tratará a figura do mediador-cultural en tres espazos: centro-américa (México) e América do sur (Perú).
Durante a súa exposición tratará o intérprete dos pobos orxinarios coma un representante exemplar da mestizaxe producida en América durante a conquista e a colonización española. Os cronistas e historiadores ofreceron unha visión marxinal das persoas que interpretaban nos seus relatos e estableceron un discurso narrativo en forma de mitos e lendas atribuindo aos intérpretes a caída dos imperios azteca e inca.
O.F.V.