Presentación do curso 2024-2025

Co gallo do Día Internacional da Tradución, o pasado luns 30 de setembro tivo lugar, no Salón de graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, o acto de presentación do curso académico 2024-2025 no Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI)-Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea.

A presentación correu a cargo de Óscar Ferreiro Vázquez, coordinador do Mestrado, José Yuste Frías, secretario do Mestrado, e Ramón Méndez González, docente do MTCI, así como dun bo número do alumnado desta promoción.

Entre as principais novidades deste ano están a dobre titulación coa Università degli Studi di Palermo, as bolsas Erasmus para estancias en Palermo e Xeorxia e a entrada do MTCI na lista de Mestrados Europeos en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea.

Por suposto, tamén están previstas diferentes conferencias e cursos de formación que contribuirán á formación do noso alumnado.

De seguro será un gran ano!


Artigos relacionados

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Ler Máis
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

Ler Máis