A persoa titora precisa dun tempo prudencial para poder dar o visto e prace definitivo ao depósito do TFM. A seguir, podes atopar unha «proposta» de cronograma, con datas aproximadas, para que poidas empregar nas túas sesións de traballo de TFM. Podes acordar outros ritmos, pero o importante é a última data do 15/05 para a primeira convocatoria e o 15/06 para a segunda.

Descarga o seguinte Word (documento trilingüe GL-ES-EN): Cronograma_sesions_titorias-MTCI

Condición IMPRESCINDIBLE para matricularse:

Para poder matricularte no Traballo de Fin de Mestrado (TFM) debes estar matriculado/a e ter aprobado todas as materias requiridas para finalizar o plano de estudos. 

Cando realizar o depósito?

Na mesma convocatoria na que vaias defender o teu TFM, dentro do prazo establecido pola Comisión Académica do Mestrado (CAM).

IMPORTANTE: No caso de non ter realizado ningún depósito en ningunha das convocatorias dun mesmo curso, o/a estudante deberá matricularse de novo.

Que trámites son necesarios?

A seguir, atoparás os pasos para depositar correctamente o teu TFM.

1.- Comproba que superaches todas as materias.

2.- Comproba as datas de depósito no calendario oficial dos TFM para o curso actual (consultar máis arriba).

3.- Deposita o teu TFM_versión final na carpeta habilitada no espazo Moovi para pasar o programa antiplaxio Turnitin.

4.- Cando contes coa autorización da persoa titora, canda o informe Turnitin, poderás solicitar a defensa do TFM na plataforma SIGMA da túa secretaría virtual.

5.- Acorda coa persoa titora unha data de defensa pública do TFM

Precisas axuda? Documentación útil
Poden participar máis persoas no meu TFM?

Aínda que o TFM é un labor persoal, si poden intervir outras persoas co obxectivo de presentar un traballo de maior envergadura. De ser o caso, é importante saber que:

• Cada integrante debe desenvolver unha tarea diferente dentro do conxunto global.
• A Comisión Académica do Mestrado (CAM) deberá autorizar esta modalidade.
• O alumnado dun mesmo traballo compartirá titor/a e posiblemente tribunal de avaliación.
• A presentación, defensa e avaliación serán individuais.

PASO 1
  • Con suficiente antelación, cubrir e asinar o Formulario_TFM03-04 coa data, hora e lugar da defensa pública. Depositalo no espazo habilitado no Moovi titulado Formulario_TFM_03-_4 e envialo tamén a posgraoxsh1@uvigo.gal IMPORTANTE: Nomear o arquivo cos dous apelidos da persoa titora.
  • Cubrir o Formulario de Google que se atopa no Moovi baixo o título de Formulario do Acto de Defensa do TFM.
PASO 2

Cubrir e asinar os seguintes formularios: 

PASO 3

Envialos por correo electrónico á seguinte dirección: posgraoxsh1@uvigo.gal e depositalo no espazo habilitado en Moovi titulado Acta Cualificación + informe complementario. IMPORTANTE: nomear os arquivos cos dous apelidos da persoa titora.

TFM defendidos en cursos anteriores

Consulta os listados de TFM presentados e defendidos ata hoxe:

Sabías que...

O MTCI é o primeiro e único mestrado da Universidade de Vigo en colaborar coa Terminology Coordination Unit, da Directorate-General for Translation do Parlamento Europeo?

Os TFM sobre terminoloxía elaborados polo noso alumnado atópanse dentro do marco de proxectos universitarios IATE (Interactive Terminology for Europe), a base de datos terminolóxicos para todas as institucións da Unión Europea.

No curso 2017-18 empezouse a elaborar, na Unidade de Coordinación Terminolóxica da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea, un TFM do MTCI baixo o Proxecto IATE titulado European Arrest Warrant e dirixido pola profesora Maribel Del Pozo Triviño.

Análisis de la terminología sobre la Orden de Detención y Entrega (inglés-español) é o título do TFM do MTCI presentado en xullo de 2018 pola alumna Lía García Vila.