Curso de transcreación

Dende a Coordinación do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea一 comprácenos anunciar que, dado o interese que suscitou a proposta no noso alumnado, este ano 2024-25 ofertaremos un curso de transcreación. 

Como veremos no curso, a transcreación é un servizo de tradución creativa que se emprega, principalmente, para a tradución publicitaria. Busca adaptar ao mercado local determinados textos publicitarios (como eslóganes, taglines, anuncios etc.) e inclúe unha backtranslation (retrotraducción) da proposta de tradución e un apartado de rationale ou comments (argumentación), onde os tradutores deben engadir unha explicación que xustifique as propostas de tradución.

 
Picture of Leticia Robles Soneira

Leticia Robles Soneira

Leticia Robles Soneira licenciouse en Tradución e Interpretación pola UVigo no 2013. Foi alumna do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) durante o curso pasado 2023-2024 e durante este curso 2024-2025 está a iniciar os estudos de tercer ciclo no Programa de Doutoramento Internacional en Tradución & Paratradución (T&P).
Dende hai máis de 11 anos adícase, coa súa empresa Oui Translations, ás especialidades que máis lle gustan: transcreación, tradución creativa, localización e LQA. Traballa con moitas das principais empresas dos sectores da moda, beleza, luxo, turismo, industria F&B e novas tecnoloxías, entre outros. Neste curso, ensinaranos en que consiste a transcreación, como preparar unha proposta de transcreación, exemplos prácticos de traballo e perspectivas laborais no sector.

Resultados da enquisa de satisfacción da 2.ª edición (2025)

Artigos relacionados

Microcredencial: Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios

Temos o pracer de anunciar a posta en marcha da microcredencial Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios, unha formación inicial deseñada para ofrecer unha visión previa, rigorosa e contextualizada da Corea contemporánea. Esta proposta formativa está dirixida a estudantes, profesionais e persoas interesadas que se preparan para realizar estudos ou estadías…

Ler Máis
Do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional ao Parlamento Europeo: entrevista con Alba Rubio Alonso

Por que decidiches solicitar a bolsa Schuman do Parlamento Europeo e como te enteraches da convocatoria? Que esperabas aprender ou experimentar durante o teu período de prácticas? Dende a adolescencia, sempre sentín un especial interese polas culturas. Cando estudei o Grao en Linguas Estranxeiras e, posteriormente, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, sabía…

Ler Máis
Aberta a inscrición na microcredencial «Tradución e dobraxe»

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo informa que puxo en marcha, a través do docente Xoán Montero, a microcredencial «Tradución e dobraxe», unha formación semipresencial de 3 ECTS pensada para iniciar o alumnado nas profesións de tradutor/a audiovisual e actor/actriz de dobraxe. Trátase dunha excelente oportunidade para achegarse ao…

Ler Máis