Iolanda Galanes

Galanes Santos, Iolanda

Iolanda Galanes Santos é doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos de posgrao na Universidade de Laval (Quebec). A súa investigación encádrase en dúas liñas de traballo: dunha banda a Terminoloxía e a Tradución especializada e, doutra, a Tradución literaria en Galicia. A esta última liña pertence o Catálogo Virtual…

Foto Silvia Montero

Montero Küpper, Silvia

Silvia Montero Küpper é Magistra artium en Filoloxía Hispánica, Literatura Alemá e Literatura comparada, Titulada en Ensino do Alemán como Idioma Estranxeiro pola Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn e Doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Dende 1995 exerce como profesora e investigadora no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Os seus…

Ana Luna Alonso

Luna Alonso, Ana

Ana Luna Alonso é profesora titular no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte docencia de tradución na combinación lingüística francés-galego. É investigadora principal do proxecto financiado pola Universidade de Vigo: Panorama e desenvolvemento da tradución en Galicia. En: http://www.bibliotraducion.uvigo.es/. As súas principais liñas de investigación son o estudo dos fluxos…

foto xoan montero

Montero Domínguez, Xoán

Xoán Montero Domínguez é doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Conta co Mestrado en Comunicación e Industrias Creativas da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa tese de doutoramento analiza o proceso de tradución das longametraxes de ficción galegas. É profesor contratado doutor no Departamento de Tradución e Lingüística e anteriormente traballou como…

Foto Xavier Gomez Guinovart

Gómez Guinovart, Xavier

Xavier Gómez Guinovart é profesor titular do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte desde 1992 materias de especialización no ámbito das tecnoloxías lingüísticas e da informática aplicada á filoloxía e á tradución. Canto ao seu labor investigador, Xavier Gómez Guinovart é o responsable das actividades do Seminario de Lingüística Informática…

Foto Sara Menor

Menor Conde, Sara

Sara Menor Conde é Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Profesora Asociada de Dereito Mercantil desa mesma Universidade de Vigo dende octubre de 2001, e ponente en numerosos masters e cursos de especialización. Ademáis é avogada, adscrita o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, e autora de numerosos informes técnicos especializados e diversos artigos…

Foto Rita Fidalgo

Fidalgo Oitavén, Rita

Rita Fidalgo Oitavén (Fornelos de Montes, 1982) estudou Tradución  e Interpretación na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. No ano académico 2006/07 foi alumna do curso de “Integración e Desenvolvemento Eurorrexional Galicia Norte de Portugal” organizado polo CEER nas seis universidades da Eurorrexión no que cursou os módulos de Territorio e Ambiente…