Foto Xavier Gomez Guinovart

Gómez Guinovart, Xavier

Xavier Gómez Guinovart é profesor titular do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte desde 1992 materias de especialización no ámbito das tecnoloxías lingüísticas e da informática aplicada á filoloxía e á tradución. Canto ao seu labor investigador, Xavier Gómez Guinovart é o responsable das actividades do Seminario de Lingüística Informática…

foto xoan montero

Montero Domínguez, Xoán

Xoán Montero Domínguez é doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Conta co Mestrado en Comunicación e Industrias Creativas da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa tese de doutoramento analiza o proceso de tradución das longametraxes de ficción galegas. É profesor contratado doutor no Departamento de Tradución e Lingüística e anteriormente traballou como…

Ana Luna Alonso

Luna Alonso, Ana

Ana Luna Alonso é profesora titular no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte docencia de tradución na combinación lingüística francés-galego. É investigadora principal do proxecto financiado pola Universidade de Vigo: Panorama e desenvolvemento da tradución en Galicia. En: http://www.bibliotraducion.uvigo.es/. As súas principais liñas de investigación son o estudo dos fluxos…

Foto Silvia Montero

Montero Küpper, Silvia

Silvia Montero Küpper é Magistra artium en Filoloxía Hispánica, Literatura Alemá e Literatura comparada, Titulada en Ensino do Alemán como Idioma Estranxeiro pola Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn e Doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Dende 1995 exerce como profesora e investigadora no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Os seus…

Ferreiro Vázquez, Óscar

Óscar Ferreiro Vázquez (Fribourg, Suíza) é Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo coa tese «Por boca de»: achegas á historia da interpretación do centro e sur de América (1518-1870). Compaxina o seu labor profesional na empresa privada coa docencia e investigación na Universidade de Vigo como profesor asociado do departamento de Tradución e Lingüística.     Contacto: oferreiro@uvigo.es

Iolanda Galanes

Galanes Santos, Iolanda

Iolanda Galanes Santos é doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos de posgrao na Universidade de Laval (Quebec). A súa investigación encádrase en dúas liñas de traballo: dunha banda a Terminoloxía e a Tradución especializada e, doutra, a Tradución literaria en Galicia. A esta última liña pertence o Catálogo Virtual…

Foto Ana Hermida Ruibal

Hermida Ruibal, Ana

Ana Hermida Ruibal (Pontevedra, 1975) é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. En 1995 marchou a Lisboa cunha bolsa Erasmus-Sócrates e xa non volveu a Galicia ata ben pasada unha década. Desde 1998 traduce profesionalmente do portugués, castelán e galego ao castelán e galego, actividade que compaxina, cando as circunstancias o permiten,…

Foto Elena S. Trigo

Sánchez Trigo, Elena

Catedrática de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo desde o ano 2003. Imparte docencia nos estudos  de TI desde a súa implantación nesta universidade. Participa, asimesmo, como docente  en outros másteres como o Máster de Traducción Biomédica y en Ciencias de la Salud da Universidade Pompeu Fabra. Coordinadora dos estudios de doutoramento de TI…