Tradución e servizos culturais

Acceso ás guías docentes en galego Acceso ás guías docentes en castelán   Traducción y servicios culturales (Profa. Ana Luna Alonso) A materia que imparte trata das necesidades de tradución dos servizos culturais. O sistema de produción cultural pode incluír os medios de comunicación, as industrias cinematográficas, as editoriais ou as compañías de teatro. A tradución…

cine e tradución

 Acceso ás guías docentes en galego Acceso ás guías docentes en castelán Cine y traducción (Prof. Xoán Montero Domínguez) A materia Cine e tradución versará sobre a tradución e o audiovisual nos seus diversos aspectos: dobraxe, subtitulación, audescrición… Analizarase o cine galego desde unha perspectiva paratradutolóxica e iniciarase ao alumnado nas novas vías de investigación en…

Tecnoloxías e ferramentas

Tecnoloxías e ferramentas lingüísticas para a investigación en tradución (Profs. Xavier Gómez Guinovart e Xosé María Gómez Clemente) A materia de “Tecnoloxías e ferramentas lingüísticas para a investigación en tradución” fornece os coñecementos teóricos e prácticos para o aproveitamento de diversas tecnoloxías lingüísticas no estudo e na práctica da tradución, profundizando ao longo do curso nos…

Dereito

Dereito aplicado a traducción (Prof. Sara Menor Conde) A finalidade da materia “Dereito aplicado a traducción” é ofrecer unha serie de coñecementos sobre o contorno xurídico que rodea a profesión das persoas que se dedican á traducción e á interpretación. Farase especial referencia a denominada “propiedade intelectual”, tamén coñecida como “dereitos de autor”, por ser…

económico-comercial Inglés

Tradución especializada económico-comercial: Inglés-Galego- Inglés / Inglés-Español-Inglés (Profa. Mª Angeles Romasanta González) A materia ten o obxectivo de afondar e ampliar os coñecementos adquiridos durante os estudos previos, ademais de familiarizar ao alumnado coa linguaxe específica, estruturas, documentación e trámites propios das actividades económico-comerciais. Nesta materia traballaranse todos os aspectos máis relevantes que competen a…

cooperación

Tradución e cooperación transfronteiriza (Prof. Rita Fidalgo Oitavén) Son moitas as áreas nas que un tradutor pode traballar, sexa directamente na tradución ou ben aproveitando as posibilidades que, nun país coma este, se lle presentan a unha persoa  con dominio de varias linguas. As entidades que desenvolven proxectos de cooperación territorial ben sexa transfronteiriza, transnacional…

Tradución de videoxogos

Acceso ás guías docentes en galego Acceso ás guías docentes en castelán   Traducción de videojuegos (Prof. Ramón Méndez González) A materia de Tradución de videoxogos ten como obxectivo ofrecer aos alumnos un completo panorama do mercado dos videoxogos e presentarlles todas as posibilidades de traballo no mesmo, dende a localización textual ata as dinámicas no…

económico-comercial Alemán

Tradución especializada económico-comercial: Alemán-Galego-Alemán / Alemán-Español-Alemán (Prof. Patricia Buján Otero) A innovación tecnolóxica no eido industrial (ben sexa no ámbito máis especializado, como maquinaria para grandes obras ou automatización de procesos, ben no máis próximo ao consumidor privado, como automoción ou electrodomésticos) segue a ser un dos puntos fortes das empresas que teñen as súas…

Economía aplicada

Economía aplicada á tradución (Prof. Pablo de Carlos Villamarín) Como consecuencia da globalización, as empresas, actores principais da economía de mercado, compiten nun contorno cada vez máis dinámico e complexo que, entre outras cousas, as obriga a conferirlle unha dimensión internacional ás súas actividades. Neste escenario, a posibilidade de crecer, e mesmo sobrevivir depende, en…

económico-comercial Francés

Tradución especializada económico-comercial: Francés-Galego-Francés / Francés-Español-Francés. (Prof. Óscar Ferreiro Vázquez) A finalidade desta formación é que o alumnado poida ter unha visión das tarefas que realizan os tradutores no eido empresarial a través da tradución de contratos mercantís, estatutos de empresa, textos institucionais, contratos de compravenda, arrendamentos e concesións. Tamén se analizarán as diferentes formas…