foto anxo

Fernández Ocampo, Anxo

Anxo Fernández Ocampo é doutor en tradución e interpretación, profesor titular da Universidade de Vigo e docente dende hai máis de vinte anos na área de tradución e interpretación. Mediante traballos de campo e métodos de investigación etnográfica, ocúpase da descrición e da caracterización das chamadas culturas da tradución, principalmente no eido popular. É responsable…

Foto Xoán Garrido

Garrido Vilariño, Xoán Manuel

Xoán Manuel Garrido Vilariño é Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo coa tese (2004) «Traducir a Literatura do Holocausto: Tradución/Paratraducción de Se questo è un uomo de Primo Levi», en Teses de doutoramento dá Universidade de Vigo. Curso 2004-2005, Vigo: Universidade de Vigo, [CD-ROM] Profesor Asociado na Licenciatura de Tradución e Interpretación…

Foto Salvador Mourelo

Mourelo, Salvador

Salvador Mourelo (Galiza 1971) é licenciado em Ciências Biológicas pela Universidade de Santiago de Compostela e em Tradução e Interpretação pela Universidade de Vigo. Tradutor ajuramentado de galego-inglês-galego e de espanhol-português-espanhol, tem trabalhado como tradutor ajuramentado e publicado diversas traduções e trabalhos. Desde 2003 que dá aulas de português na Escola Oficial de Idiomas de…

María Ángeles Romasanta González

Romasanta González, Maria Ángeles

M.ª Angeles Romasanta González (Bilbao 1964) é Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e dedícase á tradución profesional dende hai 14 anos. Traballou como tradutora autónoma para varias institucións e asociacións de ámbito social no País Vasco. No ano 2000 creou, con dúas socias, unha empresa de tradución en Bilbao. Dentro desta…

Foto Sara Menor

Menor Conde, Sara

Sara Menor Conde é Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Profesora Asociada de Dereito Mercantil desa mesma Universidade de Vigo dende octubre de 2001, e ponente en numerosos masters e cursos de especialización. Ademáis é avogada, adscrita o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, e autora de numerosos informes técnicos especializados e diversos artigos…

Foto Xavier Gomez Guinovart

Gómez Guinovart, Xavier

Xavier Gómez Guinovart é profesor titular do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte desde 1992 materias de especialización no ámbito das tecnoloxías lingüísticas e da informática aplicada á filoloxía e á tradución. Canto ao seu labor investigador, Xavier Gómez Guinovart é o responsable das actividades do Seminario de Lingüística Informática…

foto xoan montero

Montero Domínguez, Xoán

Xoán Montero Domínguez é doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Conta co Mestrado en Comunicación e Industrias Creativas da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa tese de doutoramento analiza o proceso de tradución das longametraxes de ficción galegas. É profesor contratado doutor no Departamento de Tradución e Lingüística e anteriormente traballou como…

Ana Luna Alonso

Luna Alonso, Ana

Ana Luna Alonso é profesora titular no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte docencia de tradución na combinación lingüística francés-galego. É investigadora principal do proxecto financiado pola Universidade de Vigo: Panorama e desenvolvemento da tradución en Galicia. En: http://www.bibliotraducion.uvigo.es/. As súas principais liñas de investigación son o estudo dos fluxos…

Foto Silvia Montero

Montero Küpper, Silvia

Silvia Montero Küpper é Magistra artium en Filoloxía Hispánica, Literatura Alemá e Literatura comparada, Titulada en Ensino do Alemán como Idioma Estranxeiro pola Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn e Doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Dende 1995 exerce como profesora e investigadora no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo. Os seus…

Ferreiro Vázquez, Óscar

Óscar Ferreiro Vázquez (Fribourg, Suíza) é Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo coa tese «Por boca de»: achegas á historia da interpretación do centro e sur de América (1518-1870). Compaxina o seu labor profesional na empresa privada coa docencia e investigación na Universidade de Vigo como profesor asociado do departamento de Tradución e Lingüística.     Contacto: oferreiro@uvigo.es