Ana Luna Alonso

Ana Luna Alonso

Ana Luna Alonso é profesora titular no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte docencia de tradución na combinación lingüística francés-galego. É investigadora principal do proxecto financiado pola Universidade de Vigo: Panorama e desenvolvemento da tradución en Galicia. En: http://www.bibliotraducion.uvigo.es/. As súas principais liñas de investigación son o estudo dos fluxos…

foto xoan montero

Xoán Montero Domínguez

Xoán Montero Domínguez é doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Conta co Mestrado en Comunicación e Industrias Creativas da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa tese de doutoramento analiza o proceso de tradución das longametraxes de ficción galegas. É profesor contratado doutor no Departamento de Tradución e Lingüística e anteriormente traballou como…

Foto Xavier Gomez Guinovart

Gómez Guinovart, Xavier

Xavier Gómez Guinovart é profesor titular do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte desde 1992 materias de especialización no ámbito das tecnoloxías lingüísticas e da informática aplicada á filoloxía e á tradución. Canto ao seu labor investigador, Xavier Gómez Guinovart é o responsable das actividades do Seminario de Lingüística Informática…

Foto Sara Menor

Menor Conde, Sara

Sara Menor Conde é Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Profesora Asociada de Dereito Mercantil desa mesma Universidade de Vigo dende octubre de 2001, e ponente en numerosos masters e cursos de especialización. Ademáis é avogada, adscrita o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, e autora de numerosos informes técnicos especializados e diversos artigos…

Foto Rita Fidalgo

Fidalgo Oitavén, Rita

Rita Fidalgo Oitavén (Fornelos de Montes, 1982) estudou Tradución  e Interpretación na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. No ano académico 2006/07 foi alumna do curso de “Integración e Desenvolvemento Eurorrexional Galicia Norte de Portugal” organizado polo CEER nas seis universidades da Eurorrexión no que cursou os módulos de Territorio e Ambiente…

Foto Ramón Méndez

Ramón Méndez González

Ramón Méndez González (Ourense, 1983) é o primeiro doutor en Tradución & Paratradución de videoxogos de España e conta cun amplo currículo. Traballou durante nove anos como editor, tradutor, coordinador de contidos, editor de vídeos, colaborador e moitas outras tarefas dentro da prensa especializada de videoxogos (MeriStation, Edge, NGamer, Gamereactor, Mundogamers, Ciberpaís, Geekbot Singapore…). Ramón leva…

Foto Patricia Buján

Patricia Buján Otero

Patricia Buján Otero é Doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, exerce profesionalmente como tradutora e revisora dende hai catorce anos (como traballadora por conta propia a tempo completo dende comezos de 2005, e previamente por conta allea) e está especializada sobre todo na tradución técnica e na tradución editorial do alemán e…

Pablo de Carlo

Pablo de Carlos Villamarín

Pablo de Carlos Villamarín é Doutor en Economía pola Universidade de Vigo, institución na que imparte docencia no Departamento de Organización de Empresas e Marketing. Nos últimos anos centrou a súa actividade docente en materias da área de Organización de Empresas como Teoría da Organización e Dirección Estratéxica Internacional. Ademais da docencia en titulacións de…

Foto Juani Barreiro

Barreiro Cruz, Juani

Juana Mª Barreiro Cruz, licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, é comercial de exportación no sector do peixe conxelado nunha empresa da provincia de Pontevedra na que leva traballando desde o ano 2009. É membro activo da expansión internacional da empresa e leva abertos mercados diversos como Libia, Romanía ou Xapón. Tamén…