0
DÍAS
0
HORAS
0
MINUTOS
0
SEGUNDOS

Benvidos e benvidas ao
techLING2021-UVigo-T&P

Congreso realizado integramente en rede

VI Congreso internacional de lingua, lingüística e tecnoloxía

O Congreso techLING2021-UVigo-T&P é un evento científico internacional dedicado ás sinerxías entre as linguas e o seu coñecemento científico, a lingüística, por un lado, e as novas tecnoloxías dixitais, por outro, con especial incidencia no impacto das ferramentas tecnolóxicas na tradución e interpretación, no ensino e no tratamento de linguas. Está dirixido a profesorado, persoal investigador e estudantes de segundo e terceiro ciclo da área da lingüística aplicada á tradución e interpretación, o ensino e o tratamento informático de linguas: profesorado de linguas estranxeiras, profesionais da tradución, a interpretación, a revisión, a corrección, a postedición, o subtitulado, a dobraxe, a terminoloxía, a lexicografía, así como persoas do mundo empresarial interesadas en cuestións lingüísticas e comunicación internacional.

Este ano 2021, a sexta edición do Congreso internacional en lingua, lingüística e tecnoloxía está organizada polo Grupo de Investigación Tradución & Paratraducción (T&P) da Universidade de Vigo e levarase a cabo completamente en rede do 15 ao 17 de decembro de 2021. Convidámosvos a participar nas sesións que terán lugar durante estes tres días. 

Publicación das comunicacións 

Publicación como capítulo de libro

Toda comunicación avaliada positivamente por pares cegos do Comité Científico publicarase como capítulo de libro nunha editorial estranxeira indexada en SPI (Ránking: Scholarly Publishers Indicators) con cuartil Q1