Eixo n.º 1

A tecnoloxía aplicada á tradución e á interpretación

Coordinación:

José Yuste Frías
Ramón Méndez González

Son moitas as profesións e industrias nas que o desenvolvemento das novas tecnoloxías e a intelixencia artificial provocaron un enorme cambio nas tarefas automatizables. A profesión da persoa que traduce e interpreta é unha delas: asistimos a novas formas de traballar en pantalla que, aparentemente, parecen outorgar maior flexibilidade, colaboración e eficacia perante calquera encargo real de tradución e interpretación.

Dende o seo do Grupo de Investigación Tradución & Paratradución (T&Pda Universidade de Vigo, organizamos este Congreso techLING2021-UVigo-T&P esperando recibir propostas de reflexión sobre como capitalizar de maneira positiva a (r)evolución dixital coa mirada posta en tres obxectivos:

  • aumentar os potenciais beneficios que achegan as tecnoloxías lingüísticas e a intelixencia artificial no exercicio profesional da tradución e a interpretación,
  • identificar os posibles límites das novas tecnoloxías á hora de traducir e interpretar no medio social,
  • e advertir dos riscos reais que, para a formación das persoas que traducen e interpretan, entraña o uso exclusivo das pantallas.

Todo iso co fin primordial de describir a mutación conceptual do que significa traducir e interpretar no século XXI. A continuación presentamos unha breve listaxe dos posibles temas que nos gustaría tratar neste eixo do Congreso. Ollo!: a seguinte listaxe é, simplemente, orientativa e estamos abertos a outras propostas orixinais que puidesen tratar cualquera aspecto da Tecnoloxía aplicada á tradución e á interpretación.

  • Para-traducir na era dixital: pantallas vs. papel
  • «Novas» tecnoloxías e modelos didácticos adaptados á formación universitaria en tradución e interpretación
  • Recursos tecnolóxicos en Internet
  • Recursos lingüísticos en Internet: os exemplos dos recursos lingüísticos do Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo aplicados á tradución (premer en cada imaxe para acceder o recurso correpondente)





  • TA (Tradución Automática): o exemplo da plataforma libre Apertium para a tradución automática entre 32 linguas
  • TAO (Tradución Asistida por Ordenador) e ferramentas de control de calidade nos procesos de tradución 
  • Memorias de tradución e memoria do/da tradutor/a
  • Ferramentas de revisión e corrección
  • Ferramentas de postedición
  • Ferramentas de autoedición
  • Ferramentas de garantía de calidade
  • Ferramentas de localización
  • Ferramentas para a Tradución e Interpretación no Medio Social (TIMS)
  • Procesamento de textos (macros, comandos, trucos y atallos varios)
  • Sistemas de autoría
  • Xestión documental e terminolóxica
  • Xestión de proxectos de tradución
  • Xestión dixital dos servizos de interpretación
  • Interpretación a distancia: Interpretación Simultánea Remota (ISR) e concabino dixital
  • Recoñecemento vocal para a transcrición de textos: da voz ao texto
  • Subtitulado en directo: teclado estándar (QWERTY-AZERTY); teclado VELOTYPE; estenotipia; refalado
  • Aplicacións móbiles
  • Comunidades en liña en tradución e interpretación