Título: Terminologia e Tradução: criação de uma base de dados terminológica do turismo baseada num corpus paralelo português-inglês
Doctoranda: Adonay Custódia dos Santos Moreira
Director: Xavier Gómez Guinovart
Lugar da lectura y defensa: Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo
Hora: 12:00
Fecha: 18/10/2010
Resumen
Este traballo de investigación ten como obxectivo principal crear unha base de datos terminolóxica, bilingüe e unidireccional, dunha área de especialidade: o turismo. O actual programa do goberno na esfera do turismo aposta pola melloría dos servizos, nomeadamente ao nivel da información/promoción turística, e é neste contexto que enmarcamos o presente estudo en terminoloxía bilingüe, no sentido de responder ás claras esixencias de calidade e rapidez na promoción de produtos turísticos a través da Internet e dos folletos turísticos. Pretendemos igualmente presentar o estado actual da investigación en Portugal no ámbito da terminoloxía do turismo e reflexionar acerca das vantaxes da utilización de bases de datos terminolóxicas baseadas en córpora paralelos na actividade translatoria, nomeadamente no campo da linguaxe especializada. Preténdese aínda adoptar unha metodoloxía susceptíbel de ser usada no futuro na creación doutras bases de datos terminolóxicas bilingües en distintas áreas do coñecemento.
No primeiro capítulo, delimitamos as bases da área conceptual do turismo e enmarcamos o proxecto de creación dunha base de datos bilingüe do turismo no ámbito das recentes orientacións gobernamentais para o sector.
No segundo capítulo, enmarcamos a pertinencia do noso traballo no ámbito dos estudos e recursos lingüísticos existentes acerca da terminoloxía do turismo en Portugal.
O terceiro capítulo presenta a fundamentación teórica do noso traballo: por un lado, a abordaxe lingüística baseada en corpus, en particular, os córpora paralelos para fins específicos e a súa aplicación no campo da terminoloxía; por outro lado, a concepción da terminoloxía como ciencia dedicada ao estudo da dimensión conceptual, comunicativa e lingüística dos termos ou unidades terminolóxicas. Este proxecto está alicerzado na Teoría Comunicativa da Terminoloxía, de Teresa Cabré, de acordo coa cal os termos adquiren un valor especializado nun contexto comunicativo específico. É este contexto o que fornece o valor especializado, de aí a nosa énfase nunha abordaxe teórica e metodolóxica de tipo lingüístico-textual.
O cuarto capítulo describe a metodoloxía adoptada na creación da base de datos bilingüe: a elaboración dunha árbore de dominio, para abarcar a terminoloxía da área de especialidade; a selección e caracterización dos textos que compoñen o corpus; o tratamento informático do mesmo a través dunha ferramenta de aliñamento semiautomático; a extracción de candidatos a termos mediante os programas kfNgram (Fletcher, 2007) e NATools (Simões e Almeida, 2007); o preenchemento das fichas terminolóxicas con información de orde lingüística (lema; categoría gramatical e variación de extensión, lexical, morfolóxica, sintáctica e ortográfica), conceptual (árbore de dominio que delimita o coñecemento da área e relacións semánticas de hiponimia/hiperonimia e holonimia/meronimia existentes no corpus) e pragmática (contexto de uso real dos termos; frecuencia dos termos no corpus e rexionalismos).
O quinto capítulo contén o glosario terminolóxico baseado na base de datos do turismo e o sexto céntrase na análise desa terminoloxía, nomeadamente ao nivel dos subdominios do turismo que integran os termos, dos préstamos e da variación denominativa. Por último, presentamos as conclusións deste estudo, nas cales se indican posíbeis liñas de traballo de futuro desta investigación.
Composición del Tribunal
Teresa Cabré Castellví (Presidenta), Xosé María Gómez Clemente (Secretario), Antón Santamarina Fernández, Manuel Célio Jesus Conceição, Joaquín García Palacios (vocales)
Publicaciones que emanan de la Tesis doctoral
- Moreira, Adonay (2016) «Terminologia turística em textos promocionais», Anais Brasileiros de Estudos Turísticos, vol. 6, n.º 2: 97-106.
- Adonay Moreira (2014) «A methodology for building a translator- and translation-oriented terminological resource», María Sánchez, María Porciel & Iris Serrat [eds.], inTRAlinea Special Issue: Translation & Lexicography.
- Moreira, Adonay (2011) «The Translator as Cultural Mediator: a corpus-based study of omissions and additions in translations of tourism brochures» The Journal of Cultural Mediation, vol. 1: 86-95.
- Moreira, Adonay (2011) «Turigal: compilation of a parallel corpus for bilingual terminology extraction», en Carrió, M. L. e Candel, M. A. Actas del III Congreso Internacional de Lingüística de Corpus. Las tecnologías de la información y las comunicaciones: presente y futuro en el análisis de corpus. Valencia: Universitat Politècnica de València, pp. 33-42.
- Moreira, Adonay (2011) «A translation-oriented tourism term bank», Tourism & Management Studies, vol. 2, Special Issue: Book of Proceedings of the International Conference on Tourism & Management Studies, pp. 1066-1068.
- Moreira, Adonay (2010) «Estratégias de tradução em sites das regiões de turismo de Portugal: estudo baseado em corpus», Polissema – Revista de Letras do ISCAP, vol. 10: 13-42.