Entrega dos Premios extraordinarios de doutoramento
O vindeiro venres día 27 de xaneiro ás 12.00 celebrarase no Salón de actos da Facultade de Ciencias económicas e empresariais a entrega dos premios extraordinarios de doutoramento. Tres dos sete premios que se outorgarán no ámbito de Artes e Humanidades corresponden a persoas que fixeron as súas investigacións e defenderon as súas teses no noso programa. Trátase de
María Reimóndez Meilán, autora de Teorías e prácticas da tradución feminista e poscolonial no contexto galego: un percorrido pola ideoloxía, dirixida pola doutora Belén Martín Lucas
Óscar Ferreiro Vázquez, autor da tese «Por boca de»: Achegas á Historia da interpretación do Centro e Sur de América, dirixida polo doutor Xoán M. Garrido Vilariño
Tamara Varela Vila, autora da tese Ontoloxías e tradución biomédica: creación dunha base de coñecemento terminolóxico sobre os erros innatos do metabolismo en francés e español, dirixida pola doutora María Elena Sánchez Trigo
Dende a coordinación do programa convidámosvos a todas e a todos a que asistades ao acto!