Conferencia: Dos mares do sur á Galicia do s. XXI. Recreación e censura nas traducións de Pippi Mediaslongas
David. A. Álvarez, tradutor das obras de Pippi Mediaslongas ao galego ofreceranos o vindeiro 20 de marzo ás 12.00 a conferencia titulada Dos mares do sur á Galicia do s. XXI. Recreación e censura nas traducións de Pippi Mediaslongas no Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
O acto será presentado por Lara Domínguez Araújo, profesora do Programa de doutoramento en Tradución & Paratradución, tradutora e intérprete.
Gravación da conferencia e da quenda de preguntas.
David A. Álvarez fala no Duvi de Pippi e da súa tradución.