Conferencia – «Presentación del Libro rojo y la Plataforma Cosnautas»
O día 26 de setembro, xoves, ás 11.00h terá lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía e tradución a cargo do profesor e tradutor Fernnado Navarro a conferencia de presentación do Libro rojo e da Plataforma Cosnautas.
O profesor Fernando A. Navarro é médico de formación, especialista en farmacoloxía clínica. Entre 1993 e 2002 foi tradutor médico do cadro de persoal no Servizo de Idiomas dos Laboratorios Roche en Basilea (Suíza). Na actualidade é tradutor médico autónomo para grandes laboratorios farmacéuticos e organismos internacionais do sector biosanitario, e docente do «Máster en traducción médico-sanitaria» da UJI.
É socio fundador da plataforma Cosnautas de recursos profesionais para a tradución médica; fundador e primeiro director da revista Panace@; socio de honor de Tremédica, de Asetrad, de IAPTI e de UniCo; académico correspondente e vogal da comisión de traducions da Academia Norteamericana de la Lengua Española (Nova York); e membro da xunta directiva da Asociación Española de Médicos Escritores. Autor do Diccionario de dudas y dificultades de traducción del inglés médico e director técnico do Diccionario de términos médicos da Real Academia Nacional de Medicina.
https://www.cosnautas.com/es/