Parley-voo? Intérpretes da Primeira Guerra Mundial es el título del magnífico trabajo expositivo realizado por Anxo Fernández Ocampo para-traducir la representación visual de la imagen pública de la figura del intérprete durante la Primera Guerra Mundial.
Anxo Fernández Ocampo es Investigador Titular del Grupo de Investigación Traducción & Paratraducción (T&P) desde su fundación y el creador de ICOTI. ICOTI es el acrónimo de Iconografía COntemporánea de la Traducción y la Interpretación, una colección personal de más de 300 documentos y materiales iconográficos de la representación de la imagen pública de la figura del traductor-intérprete que el propio Anxo Fernández de Ocampo ha ido recopilando en los últimos diez años y que resulta ser uno de los frutos más brillantes de la línea de investigación Antropología y traducción del Grupo T&P.
Da considerable masa de imaxes reproducidas polos medios de comunicación e difundidas polos sistemas postais durante a Primeira Guerra Mundial aboia con regularidade a figura, case sempre masculina, do intérprete. Para ofrecer unha experiencia directa desta iconografía do intérprete, dende a colección de investigación ICOTI seleccionáronse documentos reais procedentes dos tres estados europeos máis industrializados de comezos do século XX: o Imperio Alemán, Reino Unido e Francia, protagonistas directos da contenda. ICOTI é unha base de datos e unha colección material composta por documentos e representacións iconográficas orixinais, principalmente gravados, debuxos, postais e fotografías, sobre as prácticas sociais e profesionais da tradución e a interpretación na historia moderna e contemporánea.
A exposición Parley-voo? serve de taller para o seminario de doutoramento Antropoloxía visual e tradución do programa de Tradución & Paratradución.
A tradución e a interpretación na historia visual moderna Dende mediados do século XIX o público foise afacendo a consumir a información canda o seu soporte gráfico, en forma de gravados na prensa ilustrada, de xeito que calquera información tiña que aseverarse mediante unha ilustración, nun principio gravada a partir de debuxos, e máis tarde fotografada. De feito, a popularización das cámaras fotográficas e o abaratamento dos custos de revelado permitiron retratar todas e cada unha das actividades humanas daquela época. Entre o derradeiro terzo do século XIX ata os anos 1920, a interpretación formará parte das actividades das que se conservan rexistros abundantes que reflicten ámbitos como a vida diplomática, as misións coloniais, a hostalaría ou os medios de transporte. Os procedementos técnicos de captación da imaxe así como os usos sociais relativos ó seu aproveitamento están logo xa perfeccionados cando estala a Primeira Guerra Mundial; así, a contenda ofrece unhas circunstancias excepcionais para a promoción e a manipulación da figura do intérprete, que contribuíron a elaborar unha imaxe pública da nosa profesión.