Título: Teorías e prácticas da tradución feminista e poscolonial no contexto galego : un percorrido pola ideoloxía
Doctoranda:  María Reimóndez Meilán
Directora: Dra. D.ª Belén Martín Lucas
Tutora del programa doctoral T&P: Dra. D.ª Ana Luna Alonso
Lugar de la lectura y defensa: Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo
Hora: 11.00 h
Fecha: 29/10/2015

Bionota

María Reimóndez é tradutora e intérprete de profesión e doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo cunah tese sobre a revisión do concepto de ideoloxía dende a perspectiva feminista e postcolonial (Premio Extraordinario de Doutroamento). Conta con numerosas publicacións no ámbito académico sobre estes temas e outros relacionados coa crítica literaria feminista. Reimóndez contribuíu ao desenvolvemento da profesionalización de intérpretes e tradutoras en Galicia ao fundar a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación. É tamén autora de numerosas traducións literarias e recoñecida autora de ficción. Ademais, leva máis de dúas décadas traballando no eido da cooperación ao desenvolvemento dende unha perspectiva feministas que axudou a que forxase vínculos con activistas de diversos países, sobre todo de Támil Nadu (India).

Resumen de la tesis doctoral

Esta tese fai un percorrido polo concepto da “ideoloxía” tanto na filosofía como en particular nos estudos de tradución para tentar analizar os usos ou silencios que a rodean. A partir de aí utiliza o marco teórico dos feminismos e as teorías poscoloniais para analizar que intereses priman á hora de utilizar “ideoloxía” como desviación dunha norma, como aspecto que a tradutora debe evitar e, unha vez debullado ese marco, pasa a un debate sobre dous estudos concretos. O primeiro ten que ver coa autopercepción que as tradutoras acaban desenvolvendo debido ao uso e difusión de conceptos patriarcais e imperialistas con respecto á tradución e á interpretación. O segundo analiza tres obras de autoras feministas e poscoloniais traducidas do inglés ao galego dende o punto de vista do tipo de intervencións ideolóxicas que fixeron as súas tradutoras.

Miembros del tribunal

Dra D.ª Kathleen March
Dr. D. Robert Neal Baxter
Dra D.ª Manuela Palacios

Publicaciones derivadas de la tesis doctoral

Reimóndez, María (2017) «We need to talk… to each other: On polyphony, postcolonial feminism and translate», en Olga Castro y Emek Ergun [Eds.] Feminist Translation Studies. Local and Transnational Perspectives, Londres–Nueva York: Routledge.

Reimóndez, María (2016) «Monolingual] Sounds, [No] Translation as subversion and the hope for polyphony», en M. Bovis & Martín Lucas, B. [Eds.] The transnational story hub. Between self and other, pp. 117-139.

Más información con acceso completo al PDF de la tesis doctoral