Praza de profesor/a de galego no Centro de Estudos para Iberoamérica de Heidelberg
A partir do 1 de outubro de 2018 cunha carga lectiva de 16 horas semanais (ao redor do 40% do tempo de traballo regular semanal).
A praza está limitada a un ano, ata o 30 de setembro de 2019.
Áreas de traballo:
Promoción e ensino da lingua, a literatura e a cultura galegas na Universidade de Heidelberg. A carga lectiva comprende 3 cursos cunha clase semanal de 90 minutos cada un, e a avaliación das materias de Galego como Lingua Estranxeira (a partir do nivel A1 MCER) e os seminarios de primeiro ciclo universitario sobre literatura, cultura e lingüística galega. Ademais, entre as competencias atópase tamén a organización de eventos académicos sobre a lingua, a literatura e a cultura galegas.
Requisitos:
– Título universitario (M.A., Magister, Staatsexamen, diploma ou título universitario equivalente) en Filoloxía Galega, Filoloxía Románica con Galego (como Hauptfach ou Nebenfach), Tradución con Galego como Lingua A, B ou C, ou noutras carreiras cuxa relación con Galego estea acreditada
– Galego como lingua materna
– Dominio alto de alemán escrito e falado (certificado ou similar).
Máis información: convocatoria.