Visita virtual á Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea
O venres 3 de xuño de 2022 a partir das 9:45 h vai ter lugar unha visita virtual á Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea, un evento que pode ser de interese non só para o alumnado, senón tamén para o profesorado. A asistencia require un rexistro previo, que podedes realizar premendo neste enlace.