Admisión

[castellano] [english]

 

O programa de doutoramento en Tradución e paratradución convoca anualmente 10 prazas de novo ingreso. 

 

Requisitos específicos de acceso:

Considerarase requisito sine qua non o coñecemento avanzado (nivel C1 segundo o Common European Framework of Reference for languages) de polo menos dúas linguas estranxeiras, así como posuír un perfil académico ou profesional adecuado para o D_T&P. Ambos aspectos haberán de acreditarse ben de forma documental, ben a través dunha entrevista persoal se a Comisión académica do Programa de doutoramento T&P (CAPD_T&P) considérao oportuno. Para valorar a idoneidade das/dos candidatas/os considerarase especialmente o expediente académico en relación co perfil do Doutoramento, a experiencia profesional, traducións importantes realizadas, publicacións de carácter científico, así como ter superados outros cursos de posgrao relevantes.

Establécense dous grupos por orde de prevalencia:

  1. Máster en Tradución e interpretación.
  2. Máster en: Antropoloxía social e cultural, Belas artes, Ciencias da información, Ciencias do traballo, Ciencias políticas e da administración, Ciencias políticas e Socioloxía, Comunicación audiovisual, Dereito, Documentación, Economía, Estudos de Asia Oriental, Xornalismo, Filoloxía alemá, Filoloxía francesa, Filoloxía galega, Filoloxía hispánica, Filoloxía inglesa, Filoloxía portuguesa e demais filoloxías, Lingüística, Teoría da literatura e Literatura comparada, Publicidade e Relacións públicas, Humanidades, Turismo, Administración e Dirección de empresas, Filosofía, Historia, Socioloxía, Historia da arte, Xestión e administración pública, Ciencias actuariais e financeiras, Medicina, Xeografía, Relacións laborais, Traballo social, Ciencias empresariais.

O/a solicitante deberá xustificar 300 créditos en formación superior mediante unha Licenciatura ou ben mediante un Grao + Mestrado.

IMPORTANTE. O/a solicitante deberá presentar, con formato libre, unha carta de compromiso de dirección asinada por algún dos membros do programa de doutoramento. No caso de que o candidato ou candidata á dirección da tese non sexa membro deste programa de doutoramento, deberá xustificar que reúne os requisitos esixidos polo Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade de Vigo (Artigo 10. Dirección da tese de doutoramento). Este compromiso de dirección só terá efecto se o/a solicitante é admitido no programa, pero non constítúe unha garantía de admisión.

 

 

Curso 2023-24

Listaxe definitiva de candidaturas admitidas no proceso de preinscrición

Convocatoria de setembro:

  1. Alonso Valcarce, Jaime
  2. Álvarez Graña, Iago
  3. Díaz Blanco, Patricia
  4. Docampo Pardavila, María
  5. Gómez López, Elisa
  6. Iglesias Pérez, Ana
  7. López Figueiras, Alma
  8. Martínez Patón, Cristina
  9. Martins dos Santos Arada, Nuno Miguel
  10. Miranda Rodas, María Blanca
  11. Pérez Nicasio, María Rebeca
  12. Valle García, Elena
  13. Vasconcelos Pinto, Liliana Patrícia

Prazo de matrícula: do 1 ao 7 de outubro.