Cumpliendo con el cronograma de los eventos científicos programados y las actividades extraacadémicas previstas en cada curso académico por el Grupo de Investigación y el Programa Doctoral Internacional Traducción & Paratraducción (T&P), el Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– y el Título Propio de Especialista en Traducción para la Industria del Videojuego (ETIV) de la Universidade de Vigo (UVigo), el próximo jueves, 28 de abril de 2022, a las 13.00 h y en el Salón de Grados de la Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT), Ignacio Urrutia Sobrino impartirá la conferencia titulada
Folla de ruta profesional para persoas egresadas de Tradución e Interpretación
Bionota del conferenciante
Lingüista multitarefas, Ignacio Urrutia Sobrino é licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, probou inicialmente a traballar para unha grande firma de moda galega. Farto do inmobilismo patente e falta de recoñecemento, marchou na procura de terras máis fértiles a Inglaterra, onde traballou como tester lingüístico para unha empresa que desenvolvía e testaba videoxogos. Ese traballo deu paso a outro de xestor de proxectos en Madrid, un posto de alta intensidade e con multiplicidade de tarefas, pero do que puido aprender todo e de todo en relación a este oficio.
Na busca dun pouco máis de tranquilidade, o traballo lévao a París, onde traballa para a empresa norteamericana Blizzard Entertainment traducindo en equipo World of Warcraft and the Burning Crusade. Este romance bélico acabou abruptamente en novembro de 2007 logo dunha folga ás portas de empresa e desde entón nunca deixou de ser autónomo e de ampliar e mellorar a súa carteira de clientes.
Logo de vivir e traballar como tradutor, revisor e intérprete durante 3 anos en Budapest, múdase a Heidelberg para espallar a lingua galega como lector designado pola Xunta de Galicia na Facultade de Linguas Romances de Heidelberg. Este posto de 3 anos tamén se viu interrompido por decisión propia debido a unha mala xestión e prácticas por parte do seu coordinador.
Emprazado en Vigo desde 2013, mantén unha intensa actividade como tradutor, revisor, editor, intérprete, transcritor e subtitulador en directo dentro dun equipo de catro persoas que compoñen o despacho Tradurrutia. Tamén colabora co programa de prácticas de Tradución de Interpretación da Uvigo e da Universidade Internacional de Valencia desde o ano 2018 con visos a axudar a outros colegas e dar os seus primeiros pasos no competitivo mercado dos servizos lingüísticos.
Asistir a distancia al acto
- URL del aula B3 de la FFT: https://campusremotouvigo.gal/
access/public/meeting/ 3010752645 - Contraseña ALUMNADO del aula B3 de al FFT: udZ5N3Wm