Limiares
Cargando
Álvarez Lugrís, Alberto

Alberto Álvarez Lugrís é licenciado en Filoloxía anglo-xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1992), onde tamén defendeu a súa Tese de Licenciatura sobre Os falsos amigos da tradución do inglés ao galego (1994); é ademais Doutor en Tradución e interpretación pola Universidade de Vigo (1999), na que desempeña labores docentes como profesor de tradución do inglés para o galego dende 1994.

Como investigador ten publicados máis de 60 artigos e libros sobre teoría e a práctica da tradución, lingüística de corpus, docencia e didáctica da tradución, lexicoloxía e lexicografía ou o papel da tradución na creación de identidades;

Os seus intereses de investigación céntranse principalmente en dous campos: o uso de corpus nos Estudos sobre tradución e a construción da identidade nacional a través das traducións.

No ano 2003 publicou xunto con Anxo Fernández Ocampo a versión galega e multilingüe da Terminoloxía da tradución. (Terminologie de la Traduction – Translation Terminology – Terminologie des Übersetzungs – Terminología de la tradución), de Jean Delisle, Hannelore Lee-Jahnke e Monique C. Cormier. Pódese descargar de balde aquí.

É director de Viceversa. Revista galega de tradución, publicada conxuntamente pola Universidade de Vigo e a Asociación de tradutores galegos, e membro do consello de redacción de Hermeneus, así como censor en temas relacionados coa tradución, a lingüística de corpus e a lingüística computacional para distintas revistas e editoriais internacionais (DEATransitions-Journal of Franco-Iberian StudiesLinguamáticaMONTI, John Benjamins, etc.).

É membro fundacional do Seminario de lingüística Informática da Universidade de Vigo (SLI) e colabora co Grupo de investigación en Tradución & Paratradución dende a súa creación sendo o actual Secretario do Programa de Doutoramento que leva o mesmo nome. No seu blog de investigación T&P analiza a tradución dende distintas perspectivas e emprega a paratradución como lente para observar criticamente a realidade.

Tamén é coautor do Dicionario Moderno Inglés-Galego publicado por 2.0 Editora en 2012. Trátase da edición en formato papel do primeiro dicionario galego baseado exclusivamente en corpora. A autoría é de Xavier Gómez Guinovart (coordinador), Alberto Álvarez Lugrís e Eva Díaz Rodríguez. Os tres autores son membros do Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo, que desenvolveu nos últimos anos importantes ferramentas lingüísticas relacionadas co emprego, difusión e coñecemento do galego. Dende a web do SLI pódese acceder, entre outros, aos recursos electrónicos descritos polo miúdo na reseña que do Dicionario María Álvarez de la Granja publicou na revista Estudos de Lingüística Galega.

Como tradutor literario destacan as súas traducións de Asasinato no Orient Express de Agatha Christie, Horario de clase de Christine Nöstlinger ou Mélani Miráculi de Renate Welsh.

LER MÁIS

Para o alumnado do MTCI pódense destacar as seguintes publicacións:

Nesta ligazón pódese acceder a moitas das súas publicacións en academia.edu.

Contacto: alugris@uvigo.es. En TwitterFaceBookLinkedinSlideShare, etc.: alugris.

Alberto
Álvarez Lugrís, Alberto
Emmanuel
Bourgoin Vergondy, Emmanuel
Patricia Buxán
Buxán Otero, Patricia
Pablo de Carlo
De Carlos Villamarin, Pablo
Maribel
Del Pozo Triviño, Maribel
Lara
Domínguez Araújo, Lara
Pablo Fernández Calero
Fernández Carballo Calero, Pablo
Anxo
Fernández Ocampo, Anxo
Oscar Ferreiro
Ferreiro Vázquez, Óscar
Iolanda Galanes
Galanes Santos, Iolanda
Xoán Garrido
Garrido Vilariño, Xoán
Pedro
González Santamaría, Pedro
Jessica
Gregori Sendra, Jessica
Ana Hermida
Hermida Ruibal, Ana
Sara Louredo
Louredo Casado, Sara
Ana Luna
Luna Alonso, Ana
Ramón
Méndez González, Ramón
Xoán Montero
Montero Domínguez, Xoán
Salvador
Mourelo Pérez, Salvador
Amador
Ordóñez Puime, Amador
Elena
Sanchez Trigo, Elena
Patricia Sotelo
Sotelo Dios, Patricia
Francisco
Torres Pérez, Francisco José
Jose Yuste II
Yuste Frías, José
GL
X