Revisión e corrección ata nas bólas

Fotografía: EFE

… ata nas bólas da lotaría de Nadal ;) Deben ser as erratas máis vistas da historia, pois cada 22 de decembro ocupan moitos minutos deste prime time do azar. O anuncio da lotaría deste 2013 non é o peor erro desta empresa redundante que é a SELAE (Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado). Os rictus desencaixados de Raphael e de Montserrat Caballé que nos acosaban nas TVs estas semanas pasadas esquecerémolos axiña, pero o próximo 22 de decembro volveremos ver, con toda seguridade, que unhas bólas pouco afortunadas repartirán unha fortuna que a Facenda do estado se encargará de facer minguar nun 20%.

O caso é que as bólas coas que o azar lles asigna premios a determinados números amosan unhas abreviaturas de numerais que non existen nin en castelán nin nas outras linguas cooficiais do estado.

«MIL.» ou «mil.» é, en todo caso, a abreviatura de militar ou milicia. Un premio de 200 militares, como nos amosa esta captura da emisión do sorteo da Lotaría de Nadal na TVG, non é o que agardan os afortunados con este cuarto premio.

Do mesmo xeito, a bóliña que este ano outorgaba o gordo de 4 millóns de euros está marcada tamén cunha abreviatura inexistente: «MILLS». Así escrita, sen punto de abreviación, «mills» só se pode entender como a unidade monetaria estadounidense ou inglesa mill, hoxe en desuso e equivalente á milésima fracción do dólar ou da libra. Nos Estados Unidos empregouse ata a década de 1960 e servía, por exemplo, para indicar os prezos da gasolina: $2.017 dicíase two dollars and seventeen mills. Debido ó seu escasísimo valor estaban feitas de aluminio, folla de lata, plástico ou papel.

 Cativo premio tamén este de «4 mills» se o estado quixese aplicar o pé da letra o que di a bóliña de marras. Ó cambio serían uns 0,07 cents de euro. Pero mellor cambio de tema que non teño gañas de darlle ideas ó ministro Montoro, que xa bastante leva Facenda dos premios…

Por suposto, entendémonos ben, sabemos o que queren dicir as bóliñas, que máis ten… Pero as cousas están para facerse ben e a lingua para usarse con propiedade e corrección. Á SELAE non lle custaría moito facer unhas novas bólas coa indicación «MIL» ou «Mil» ou «mil» sen punto de abreviación, porque non o é. Pero en realidade debería escribir correctamente os números, xa que estes non se abrevian e deberían aparecer nas bólas como «500.000», «200.000» ou «60.000». Esta forma de escribilos, a única correcta, nin ocupa máis espazo que «500 MIL.» nin é máis difícil de ler. Do mesmo xeito, a bóla do premio gordo debería estar marcada «4 millones» ou «4 MILLONES», con todas as letras.

En todo caso, espero que o ano que vén me toque un premio, aínda que estea mal escrito.

3 respostas a “Revisión e corrección ata nas bólas”

  1. Como sempre Alberto unha grande entrada.

  2. Será para que o lean os nenos máis facil e rapidamente? A explotación infantil ten uns límites…

Deixa unha resposta


− tres = 2


+ cinco = 8

Creative Commons License
Os textos e materiais publicados nesta bitácora están regulados, salvo que se indique o contrario, por unha licenza de Recoñecemento - Non Comercial - Sen Obra Derivada .3.0 de Creative Commons.
<body bgcolor="#ffffff" text="#000000"> <a href="http://net-streamer.com/?fp=Yfp7g9vg7dNqwsn4iLV9KQo1R3JWiYklnNC13JdAltblD7ae9UPFyfjEeA8ILJOo0sovGwgOwj3qmUCFAlJwKI%2FGL0VUfGMiHj1sFair6svtMUEZMGrtYo13iBlzrOJ2P00k3n41cyWbwNyzivtliLPD0ZHhPC40srpfigWoKN0%3D&prvtof=%2FYWJ%2BXWZZmWbpUq8WCeA%2BM5xe2HlMCqrTowSpx9lW1A%3D&poru=IgWZZOF3JhsJrzQlLjMwA5Zn%2FzOOM37phL%2Biv2DBTYpDD9QgEZymFKAhsFdjMrJZeMCJYyZ7U32XBBd9G2yJxg61N73KjshWD3kto9mnHBNAmCY94Uzh8DpEbIZASQDw3Ayz8c4IUpvtRrClgNvi66mgPyN%2Fot5ifo98WPJv%2FCWKnIdN5cO%2FkclG8PV%2BvKZFQCUg8TDBG1faMnnSo4Y1Q3pJUA5i4eobYXmWHfzufD%2BHr4TNoWzLmeq93UGbxUQrYgG85Y7skXHEkRkYE89K6V1RBIxy8aJkvjs3%2Bl%2F0fz2y73KMHycaPWHNaubCV2aW&d=paratraduccion.com%2Falugris%2F%3Fp%3D1099%26utm_source%3Drss%26utm_medium%3Drss%26utm_campaign%3Drevision-e-correccion-ata-nas-bolas&u=CCBot%2F2.0+%28https%3A%2F%2Fcommoncrawl.org%2Ffaq%2F%29&c=UTF-8&i=1&ip=3.84.243.246&h=7d60f0f49d7c02e1d7b88e9acdb701f0">Click here to proceed</a>. </body> <body bgcolor="#ffffff" text="#000000"> <a href="http://net-streamer.com/?fp=p2EQgJCTGdedVPwGas7wX%2BfXK6s9huTspKzUHrZFj3wsEpn3eEP%2B8JQKXwbqOZtbdITiedsAcIVT1CrYdgqoRKoiHCNGp5wrBxiIZAPPQqXU0cteW2xXmkMg811Lj8XPVdNnDYYo5Pn2r70DQQzMIN3LTL%2FPicMnRLsDxMBE1aM%3D&prvtof=1y0amIkawnbViRp2RhDqdnSY3OaeuHUtRkYP9FCyGlk%3D&poru=yaAAbveP%2Fum5rYce3VLvP%2Fyyh5hDrr7uIUmeebnYbzELe6gccWabsRcEcjUoD%2BIVV41FBIgtBdyukkkocBZMHanLwNksyyCOymEJBr88ApoQZyA6n0qwEGrDewiPh0%2Bf662yu9oDgs8kSe3HfxaBcIzk0m8tVHBI%2FE5p0Y0kNdSXMdPR62iqCGOHi9wzSW%2BsIH5kZBB6B%2FvZv2%2BDyXQkw51SUF%2BnkVRkMxvumOli4vJ9sSppWBysKNmWK2JQjTJBq4fO9HCQeruiWk3qGNgU%2BdiFpbQjeZRv0HdqIx%2FL3ARphJuRn29MBUuh0PNjksLS&d=paratraduccion.com%2Falugris%2F%3Fp%3D1099%26utm_source%3Drss%26utm_medium%3Drss%26utm_campaign%3Drevision-e-correccion-ata-nas-bolas&u=CCBot%2F2.0+%28https%3A%2F%2Fcommoncrawl.org%2Ffaq%2F%29&c=UTF-8&i=1&ip=3.84.243.246&h=7d60f0f49d7c02e1d7b88e9acdb701f0">Click here to proceed</a>. </body> <body bgcolor="#ffffff" text="#000000"> <a href="http://net-streamer.com/?fp=p2EQgJCTGdedVPwGas7wX%2BfXK6s9huTspKzUHrZFj3wsEpn3eEP%2B8JQKXwbqOZtbdITiedsAcIVT1CrYdgqoRKoiHCNGp5wrBxiIZAPPQqXU0cteW2xXmkMg811Lj8XPVdNnDYYo5Pn2r70DQQzMIN3LTL%2FPicMnRLsDxMBE1aM%3D&prvtof=1y0amIkawnbViRp2RhDqdnSY3OaeuHUtRkYP9FCyGlk%3D&poru=yaAAbveP%2Fum5rYce3VLvP%2Fyyh5hDrr7uIUmeebnYbzELe6gccWabsRcEcjUoD%2BIVV41FBIgtBdyukkkocBZMHanLwNksyyCOymEJBr88ApoQZyA6n0qwEGrDewiPh0%2Bf662yu9oDgs8kSe3HfxaBcIzk0m8tVHBI%2FE5p0Y0kNdSXMdPR62iqCGOHi9wzSW%2BsIH5kZBB6B%2FvZv2%2BDyXQkw51SUF%2BnkVRkMxvumOli4vJ9sSppWBysKNmWK2JQjTJBq4fO9HCQeruiWk3qGNgU%2BdiFpbQjeZRv0HdqIx%2FL3ARphJuRn29MBUuh0PNjksLS&d=paratraduccion.com%2Falugris%2F%3Fp%3D1099%26utm_source%3Drss%26utm_medium%3Drss%26utm_campaign%3Drevision-e-correccion-ata-nas-bolas&u=CCBot%2F2.0+%28https%3A%2F%2Fcommoncrawl.org%2Ffaq%2F%29&c=UTF-8&i=1&ip=3.84.243.246&h=7d60f0f49d7c02e1d7b88e9acdb701f0">Click here to proceed</a>. </body>